Autolux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 17:
 
== Historia ==
Autolux formouse durante o ano [[2000]] e [[Los Angeles]], [[California]]. Goreshter e Azar coñecéronse mentres escribían a partitura para a obra de teatro ''[[Morte accidental dun anarquista]]'', do premio Nobel [[Dario Fo]]. Azar coñecera a Edwards cando a súa antiga banda Ednaswap estaba de xira con [[Failure]], antiga banda de Edwards.<ref name=":0">{{Cita web|título=Trent Reznor Boosts Autolux From Clubs To Arenas|url=http://www.mtv.com/news/1506501/trent-reznor-boosts-autolux-from-clubs-to-arenas/|páxina-web=MTV News|data-acceso=2022-01-16|lingua=en|apelidos=Archive-Jon-Wiederhorn}}</ref> No mes de agosto dese ano, Autolux debutou realizando dous concertos no Silverlake Lounge. O [[1 de marzo]] do [[2001]] a banda editou un EP auto-producido titulado ''[[Demonstration]]''.<ref name=":1">{{Cita web|título=Autolux Songs, Albums, Reviews, Bio & More|url=https://www.allmusic.com/artist/autolux-mn0000814398|páxina-web=AllMusic|data-acceso=2022-01-16|lingua=en}}</ref>
 
Despois de impresionar ao produtor T-Bone Burnett durante unha actuación, Autolux asinou con DMZ, un pequeno selo creado por Burnett e os [[irmáns Coen]].<ref name=":0" /><ref name=":1" />
 
En maio do [[2002]], Azar caeu do escenario despois dun concerto como abreconcertos de [[Elvis Costello]]. O seu cóbado quedou estragado, e dixéronlle que "probablemente non podería tocar a batería máis". Secasí, grazas a unha operación experimental onde lle puxeron oito parafusos de titanio, ela recuperouse completamente.<ref>{{Cita web|título=Live again, Autolux is making up for lost time|url=https://www.latimes.com/archives/la-xpm-2003-nov-06-wk-popb6-story.html|páxina-web=Los Angeles Times|data=2003-11-06|data-acceso=2022-01-16|lingua=en-US}}</ref>
 
En novembro do [[2002]], Autolux entrou no estudio para gravar o seu primeiro álbum, ''[[Future Perfect]]'', que remataría en xaneiro do [[2003]]. En contraste co método de gravación en 8 pistas usado no ''[[Demonstration]]'', Burnett quería capturar o son en directo da banda neste álbum. Despois das gravacións iniciais, a banda continuaría gravando por riba pistas adicionais no seu local de ensaio, que tamén funcionaba como estudio, coa intención de darlle un son máis cru aos temas.<ref name=":1" /> A principios do [[2003]] o álbum foi mesturado varias veces, realizando a derradeira mestura Dave Sardy, antigo líder de Barkmarket. Finalmente sería editado o [[21 de setembro]] do [[2004]] cun bo recibimento por parte da crítica.<ref name=":0" />
 
Autolux comezou a promocionar ''[[Future Perfect]]'' en xaneiro do [[2005]] facendo unha xira con The Secret Machines. Durante o resto do ano Autolux continuou tocando cun bo número de bandas, incluíndo [[Clinic]], Broadcast, [[The White Stripes]], [[Shellac]] e [[Beck]].<ref>{{Cita web|título=twenty/forty|url=https://web.archive.org/web/20070608190422/http://www.twentyfortyzine.com/interviews/archives/autolux.php|páxina-web=web.archive.org|data=2007-06-08|data-acceso=2022-01-16}}</ref> No mes de maio a banda tocou no Coachella Valley Music and Arts Festival; e pouco despois no All Tomorrow's Parties Music Festival en [[Inglaterra]].
 
Autolux foi entón convidado por [[Trent Reznor]] como abreconcertos para a xira do álbum ''[[With Teeth]]'' de [[Nine Inch Nails]], de setembro a outubro do [[2005]]. Despois da xira con [[Nine Inch Nails]], a banda rematou o ano abrindo para [[Queens of the Stone Age]] no Wiltern Theatre en [[Los Angeles]].