Nowhere: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «sí»
m Reemplazos con Replacer: «coo»
Liña 17:
'''''Nowhere''''' é o álbum de estrea da banda británica de [[shoegazing]] [[Ride]], publicado o día [[15 de outubro]] de [[1990]] a través do selo [[Creation Records]]. [[Allmusic]] citou ao disco como un dos mellores álbums do xénero shoegazing, superado só polo traballo de [[My Bloody Valentine]] ''[[Loveless]]''<ref>[http://www.allmusic.com/album/nowhere-mw0000311372 Recensión de ''Nowhere'' en allmusic.com {{en}}]</ref>. ''Nowhere'' foi colocado no posto 74 da lista de [[Pitchfork Media]] dos ''100 mellores álbums dos 90''<ref>[http://pitchfork.com/features/staff-lists/5923-top-100-albums-of-the-1990s/3/ ''100 mellores álbums dos 90'' de Pitchfork Media]</ref>, e o seu último tema, "Vapour Trail", foi elixido o número 145 na lista das ''200 mellores cancións'', tamén de Pitchfork<ref>[http://pitchfork.com/features/staff-lists/7850-the-top-200-tracks-of-the-1990s-150-101/ ''200 mellores cancións dos 90'' de Pitchfork Media]</ref>. O álbum tamén está incluído no libro ''1001 álbums que debes escoitar antes de morrer''. En outubro de [[2016]] Pitchfork situouno no número 3 da súa lista dos 50 mellores álbums de [[shoegaze]] de todos os tempos.<ref>{{cita web|título=The 50 Best Shoegaze Albums of All Time|url=http://pitchfork.com/features/lists-and-guides/9966-the-50-best-shoegaze-albums-of-all-time/?page=5|editor=Pitchfork|dataacceso=24 de outubro de 2016}}</ref>
 
O álbum foi lanzado nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en decembro de [[1990]] polo selo [[Sire Records]], contando coas cancións extra "Taste", "Here and Now" e "Nowhere", que xa apareceran no EP ''[[Fall (EP|Fall]]''. Unha reedición do ano [[2001]] de [[Ignition Records]] engadíu ademais as catro cancións do E ''[[Today Forever]]'' coocomo cancións extra. En febreiro do [[2011]], [[Rhino Entertainment|Rhino Handmade]] publicou unha edición especial polo 20 aniversario de ''Nowhere'', que contiña o álbum orixinal remasterizado con sete temas extra e un disco máis cunha actuación ao vivo non editada anteriormente en The Roxy, [[Los Angeles]], gravada o [[10 de abril]] de [[1991]]. Esta edición incluía ademais un libreto de 40 páxinas con fotografías exclusivas e un novo ensaio do crítico musical Jim DeRogatis, así como un digipak lenticular.
 
== Listaxe de cancións ==