Gioachino Rossini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Poño o barbeiro en italiano, do mesmo xeito que aparece no resto do artigo e o título do noso artigo.
Liña 18:
| web =
}}
'''Gioachino Antonio Rossini''',{{refn|group=lower-alpha|Na acta de bautismo aparece como «Giovacchino Antonio»{{Harvnp|Servadio|2003|p=84}} e así se lle menciona en canto menos un documento posterior dos seus primeiros anos.{{Harvnp|Kendall|1992|p=9}} En ''Cambridge Companion to Rossini'', o editor, Emanuele Senici, escribe que Rossini deletreaba o nome de diversos xeitos como ''Gioachino'' ou ''Gioacchino'' nos seus primeiros anos, antes de decidirse finalmente polo primeiro na década de 1830. A última ortografía é agora máis común entre os portadores do nome, mais os expertos en Rossini xeralmente consideran "Gioachino" como a forma axeitada no que respecta ao compositor.{{Harvnp|Senici|2004|p=xiv}} Entre as autoridades que favorecen esa ortografía están a Fondazione G. Rossini en Pesaro,<ref name=fondazione_rossini>{{Cita web |título=La fondazione |url=http://www.fondazionerossini.com/la-fondazione-gioachino-rossini |editorial=Fondazione G. Rossini |lingua=it |dataacceso=7 de xaneiro de 2022}}</ref> o ''[[Grove Dictionary of Music and Musicians]]'', {{Harvnp|Gossett|2001|loc=Introduction}} e o Centro Italo-Americano per l'Opera (CIAO).<ref>{{Cita web |título=Centro Italo-Americano per l'Opera |url=http://humanities.uchicago.edu/orgs/ciao/ |editorial=University of Chicago |dataacceso=7 de xaneiro de 2022 |urlarchivo=https://web.archive.org/web/20130924065526/http://humanities.uchicago.edu/orgs/ciao/ |dataarchivo=24 de setembro de 2013 |lingua=en}}</ref>}} nado en [[Pesaro]] ([[Estados Pontificios]]) o [[29 de febreiro]] de [[1792]] e finado en [[Passy]] ([[Segundo Imperio Francés|Francia]]) o [[13 de novembro]] de [[1868]], foi un compositor musical [[italia]]no. Rossini compuxo en total 39 [[ópera]]s, destacando especialmente ''[[OIl barbeirobarbiere dedi SevillaSiviglia]]''. A súa primeira ópera compúxoa aos 14 anos, e a derradeira, ''[[Guillerme Tell]]'' aos 37, despois do cal decidiu retirarse da composición a gran escala, encontrándose no cume da súa popularidade. Estableceu novos estándares tanto para a [[Ópera bufa|ópera cómica]] como para a [[Ópera seria|seria]], se ben tamén escribiu numerosas [[canción]]s, algunhas pezas de [[música de cámara]] e [[piano]] e algo de [[música sacra]].
 
Nado en Pesaro de pais músicos, seu pai [[trompeta|trompetista]] e a súa nai cantante, Rossini comezou a compoñer aos 12 anos e foi educado na escola de música de [[Boloña]]. A súa primeira ópera representouse en [[Venecia]] en 1810 cando tiña 18 anos. En 1815, comprometeuse a escribir óperas e dirixir teatros en [[Nápoles]]. No período 1810-1823 escribiu 34 óperas para a escena italiana que se representaron en Venecia, [[Milán]], [[Ferrara]], Nápoles e outros lugares. Esta produtividade requiría un enfoque case formulado para algúns compoñentes (como as [[Abertura (música)|aberturas]]) e unha certa cantidade de autoempréstamo. Durante este período produciu as súas obras máis populares, incluídas as óperas cómicas ''[[L'italiana in Algeri]]'', ''[[Il barbiere di Siviglia]]'' e ''[[La Cenerentola]]'', que levou á súa máxima expresión a tradición da ópera bufa que herdou de mestros como [[Domenico Cimarosa]] e [[Giovanni Paisiello]]. Tamén compuxo obras de ópera seria como ''[[Otello (Rossini)|Otello]]'', ''[[Tancredi]]'' e ''[[Semiramide]]''. Todas estas atraeron admiración pola súa innovación na [[melodía]], cor [[Harmonía|harmónica]] e [[Música instrumental|instrumental]] e da forma dramática. En 1824, a [[Ópera de París]] contratouno, para a que produciu unha ópera para celebrar a coroación de [[Carlos X de Francia|Carlos X]], ''[[Il viaggio a Reims]]'' (reutilizada máis tarde para a súa primeira ópera en francés, ''[[Le Comte Ory]]''), revisións de dúas das súas óperas italianas, ''[[Le Siège de Corinthe]]'' e ''[[Mosè in Egitto]]'', e en 1829 a súa derradeira ópera, ''[[Guillaume Tell]]''.