Lois I de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Delagoa - typo
Liña 6:
 
== Traxectoria ==
Luís era un home culto, afeccionado a escribir [[poesía]]. Con todo, non posuía capacidades políticas, xa que se viu coroado trala morte dos seus dous irmáns [[Pedro V de Portugal|Pedro]] e [[Fernando de Bragança|Fernando]] en [[1861]] como consecuencia dunha [[epidemia]] de [[cólera]]. O reinado de Luís caracterizouse por unha serie de cambios de goberno, formados en diversas ocasións polos liberais e outras polos conservadores. Durante o seu goberno, Portugal devaluouse en relación con outros países [[Europa|europeos]] en termos de educación, política, estabilidade, progreso tecnolóxico e estabilidade económica. En temas coloniais, a [[baía de DelgoaDelagoa]] confirmouse como posesión portuguesa en [[1875]] mentres que as actividades [[Bélxica|belgas]] no [[Congo portugués|Congo]] negaban a Portugal un terreo entre [[Angola]] e [[Mozambique]].
 
A pesar dunha filtración coa sucesión española antes da [[Guerra franco-prusiana]] de [[1870]]-[[1871]], Luís foi sobre todo un home de [[ciencia]], cunha especial paixón pola [[oceanografía]]. Investiu gran parte da súa fortuna en financiar barcos de investigación dedicados a recoller espécimes nos océanos do mundo. Foi o responsable da creación dun dos primeiros [[acuario (recipiente)|acuario]] do mundo, o ''Vasco da Gama'' en Lisboa, que segue aínda aberto ao público, incluíndo unha [[lura]] de 10 [[metro]]s de longo. O seu amor polas ciencias e cousas novas foi pasado aos seus dous fillos.