Península de Arabia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{subst:atención|Falta Kuwait.}}
Sen resumo de edición
Liña 19:
A rexión foi tradicionalmente habitada por pobos [[nómade]]s, debido a que a escaseza de [[auga]] e a aridez do chan, transforman a rexión nun lugar inhóspito para a [[agricultura]]. Durante moitos anos, a maior parte dos países que a compoñen estiveron atrasados en canto á tecnoloxía. No [[século XX]], o achado de enormes reservas de [[petróleo]] e [[gas natural]] na península permitiu aos países fomentar un importante desenvolvemento económico, e as súas casas reais atópanse entre as máis ricas do mundo.
 
A pesar do crecemento debido á exportación do petróleo, a inestabilidade política da rexión e o aínda incipiente desenvolvemento das áreas económicas non relacionadas coa exploración de [[hidrocarburo]]s fan perigar o futuro da rexión cando as reservas comecen a esgotarse.{{cómpre referencia}}
 
A pesar dos avances, produto do petróleo, hoxe en día os [[beduíno]]s continúan levando a súa vida errante, aínda que en moitos casos substituíran os camelos por vehículos con motor e moitos dos seus membros, que ven perigar o futuro desta forma de vida, emigraron ás cidades. Mesmo o propio goberno tratou de incentivar a estes grupos para que se asenten nalgunha urbanización.