Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Gioachino Rossini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
haxa paz
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
: Ola [[Usuario:HombreDHojalata|HombreDHojalata]] e [[Usuario:Piquito|Piquito]]. Non participo en xeral en votacións sobre artigos nin imaxes, e non vou facelo agora. Só veño aquí pra pedirvos un pouco de calma. Dunha banda, as propostas, por moi benintencionadas que sexan, ás veces non van adiante: hai xente que discrepa e ten que poder facelo. Se non nos gusta que critiquen un artigo en que metimos esforzo, quizais non debemos sometelo nós mesmos ao exame público. É moi san, para nós, para o proxecto, e para os demais, que nos digan que o noso traballo está mal feito [Con isto non entro nin saio na calidade do artigo; non o lin. Botei un ollo así ao chou e corrixín unha ligazón, pero non sei se está ben ou mal]. Por outra parte, aínda que teñamos razón nas cousas, temos que levar conta que llelas dicimos a outros seres humanos que fixeron un esforzo. As nosas opinións negativas serán mellor acollidas se somos quen de valorar tamén a parte positiva ou se, polo menos, somos capaces de criticar desde unha postura empática e xenerosa: se hai que dicir que un artigo non ten calidade abonda, hai que dicilo, claro, pero pódese ser máis suave e humano (creo). E moitas grazas aos dos polo voso traballo, e polo tempo que botades coidando de todo. Un saúdo. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <small>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]]</small> 13 de xaneiro de 2022 ás 16:24 (UTC)
::[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]], vaia por diante que a min o feito de que HombreDHojalata diga que o artigo ten moitos erros ortográficos non me molesta, me pode parecer precipitado que vote en contra quedando trinta días para revisalo, pero non me molesta porque é algo factible. O que me molesta é que se empecen discusións sobre cousas que non teñen que ver co artigo, que logo lle escriba a alguén na súa páxina de conversa por ese motivo e esa persoa copie aquí a mensaxe con a saber que intención. O tema estaba finalizado pola miña parte, e parece que pola súa tamén, agradécese que tentes mediar, pero a estas alturas (e visto que ambos deixamos o tema) non ten sentido, e o único que se está a conseguir con todo isto é desviar a atención do artigo, o que segundo a miña experiencia seguramente se traduza nunha escasísima participación (se é que a votación non queda como está agora) e que o artigo non saia elixido mesmo solucionando todas as posibles eivas que poida ter. Un saúdo, [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 13 de xaneiro de 2022 ás 22:22 (UTC)