César Morán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadida ligazón interna
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 4:
== Traxectoria ==
Estudou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario da Coruña continuando Galego-Portugués na Universidade de Santiago de Compostela (1ª promoción). Foi profesor asociado da [[Universidade da Coruña]] entre [[2005]] e [[2010]].<ref>{{Cita web|título=Curriculum|url=https://www.udc.es/dep/fgp/curriculums/Cesar.htm|páxina-web=www.udc.es|data-acceso=2019-07-30|data-arquivo=30 de xullo de 2019|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20190730211406/https://www.udc.es/dep/fgp/curriculums/Cesar.htm|url-morta=yes}}</ref> Catedrático de Lingua e Literatura Galega no [[IES Agra do Orzán]] desa mesma cidade, onde reside. Combinou desde moi novo as tarefas musicais e as literarias, colaborando con diversos artigos e traballos para prensa e publicacións periódicas (''[[Luzes de Galiza]]'', ''Agália'', ''A Nosa Terra'', ''[[La Voz de Galicia]]'', ''[[Diario 16 de Galicia]]'', ''[[Unión libre]]'', ''Monfadal'' ou ''Casahamlet''), radio e televisión.
[[Ficheiro:1progalpor.jpg|miniatura|César Morán Fraga con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: [[Anxo González Guerra]], [[Manuel Castelao]] Mexuto, Luís Cambeiro Cives, [[Vitoria Ogando]], [[Manuel Ferreiro Fernández]], [[Tareixa Roca]] Sánchez, [[María dos Anxos González Refoxo|María dos Anxós González Refoxo]], [[Ramona Giráldez]] Domínguez]], [[María Xosé Queizán]] Vilas]], María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, [[Francisco Salinas Portugal]]. A [[A Coruña|Coruña]], 09/09/2017]]
Foi membro fundador de ''Agra'', o primeiro grupo de jazz-rock con raíces folclóricas, actuando como teclista e compositor até a súa disolución en [[1979]]. Pola mesma época traballou como músico no espectáculo ''O velorio'' do grupo de teatro ''Troula''. En [[2003]] e [[2004]] colaborou como músico co [[Centro Dramático Galego]].