Butthole Surfers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 68:
 
=== Recoñecemento mainstream ===
[[Ficheiro:Ric wallace Lollapalooza.jpg|miniatura|240x240px|A banda no Lollapalooza de 1991 con algúns membros de Siouxsie and the Banshees]]
Rough Trade quebrou en 1991, non sen antes publicar o álbum do proxecto en solitario de Leary, ''The History of Dogs''. No ano seguinte Butthole Surfers conmocionou a moitos seguidores e críticos ao fichar polo gran selo [[Capitol Records]].<ref name=":2" /><ref>Azerrad, ''Our Band'', p. 311</ref> En 2017 Paul Leary dixo: "Medrei escoitando a [[The Beatles]] e [[Grand Funk Railroad]] e [[Dean Martin]], e a idea de estar na mesma discográfica que eles era fodidamente rara, realmente rara. Moita xente deunos problemas por facer iso, pero que carallo: non ía rexeitalo".<ref>{{Cita web|título=The Day Of The Locust: Paul Leary Of The Butthole Surfers Interviewed|url=https://thequietus.com/articles/22036-butthole-surfers-locust-abortion-technician-paul-leary-interview|páxina-web=The Quietus|data-acceso=2022-01-12|lingua=en-us}}</ref>
 
Capitol reeditou inmediatamente ''piouhgd'' e emparellou á banda co seu primeiro produtor de renome, [[John Paul Jones]], coñecido por ser o baixista de [[Led Zeppelin]].<ref name=":2" /> O froito desta asociación, ''[[Independent Worm Saloon]]'' de 1993, presentaba un enfoque rock máis sinxelo por insistencia de Jones.<ref>Cohen, "In Through the Back Door: The Butthole Surfers are the certified shock jocks of the next wave", ''Rolling Stone''.</ref> Butthole Surfers conseguiron así o seu priemeiro pequeno éxito na radio, "Who Was in My Room Last Night?". O tema acadou o número 24 da lista de sinxelos da ''Billboard'' Modern Rock Tracks, mentres que o álbum chegou ao número 124 da lista [[Billboard 200|''Billboard'' 200]]. Dúas das novas cancións apareceron en episodios da serie da [[MTV]] ''[[Beavis and Butt-head]]''.<ref>{{Cita web|título=Butthole Surfers|url=http://www.imdb.com/name/nm1599580/|páxina-web=IMDb|data-acceso=2022-01-12}}</ref> O guitarrista e gran influencia para a banda [[Helios Creed]] tocou a guitarra en dúas das cancións do disco, "The Annoying Song" e "Clean It Up".
 
== Discografía ==