José Rúa Figueroa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Estudou [[Medicina]] na [[USC|Universidade de Santiago]]. Publicou alí o seu drama ''El arzobispo don Suero'' (1840), que a [[censura]] eclesiástica local impediu representar. Con [[Antonio Romero Ortiz]] fundou ''[[Santiago y a ellos]]'' (1842), periódico satírico de literatura e costumes, e xunto ó propio Romero Ortiz e [[Antolín Faraldo Asorey]], ''[[El Porvenir (1845)|El Porvenir]]'' (1845), que recollía os ideais do provincialismo galego. Participou na [[revolta de 1846]], escribindo a súa historia en Madrid baixo o pseudónimo de Juan do-Porto.<ref>{{Cita libro|título=La Oliva (1856-1857). Un xornal galeguista e progresista na soleira do Rexurdimento.|apelidos=Martínez González|nome=Xurxo|editorial=Universidade de Vigo|ano=2015|url=http://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/bitstream/handle/11093/418/La%20Oliva%20(1856-1857).pdf?sequence=4#page=60&zoom=auto,-275,556|páxina=61}}</ref>
 
En Madrid interveu na revolta de 1848, dirixíndose logo á [[A Coruña|Coruña]], onde foi encarcerado. Na prisión escribiu o drama inédito ''También por amor se muere''. De novo en Madrid dirixiu o periódico progresista ''La Nación'', e desde 1854 ''La Gaceta''. Colaborou no ''Semanario Pintoresco Español'' con artigos costumistas sobre Galicia, como "La cascada de Toja", "Monte Furado" ou "Paso del Ulla en San Juan de Cova".
 
Interveu na [[Revolución de 1854 en España|revolución progresista de 1854]], estando detido en diversos momentos. Resultou elixido deputado no Congreso en 1854 pola provincia da Coruña, morrendo no ano seguinte pouco despois de cumprir os trinta e cinco anos.<ref>{{Cita web|título=A familia do enxeñeiro de minas Ramón Rúa-Figueroa, parentes distantes de Emilia Pardo Bazán|url=https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2021/05/23/familia-do-enxeneiro-minas-ramon-52154036.html|páxina-web=La Opinión de A Coruña|data=2021-05-23|data-acceso=2022-01-10|lingua=es|nome=Xosé A.|apelidos=Fraga}}</ref>
 
==Obra==