Baclava: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 5591046 de Jagseer S Sidhu (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.5
Liña 1:
[[Ficheiro:baklava.jpg|miniatura|Baklava]]
 
A '''baclava''' (''baklava'') é un doce típico de [[Oriente Próximo]], elaborado con varias camadas superpostas de [[masa filo]] que se reenchen cunha pasta de [[Froito seco|froitos secos]] esmagados, especialmente [[anacardio]]s, [[pistacho]]s, [[abelá]]s, [[améndoa]]s e sementes de [[sésamo]], [[papoula]] ou outros grans, e bañado en [[mel]] ou [[xarope]]<ref>Definición en escritura en galego en VV. AA. (2012) ''Dicionario de alimentación e restauración'', Santiago de Compostela, Termigal. [[Xunta de Galicia]]. [[Real Academia Galega]]</ref>. Atópase con diferentes nomes, na [[gastronomía]] do [[Gastronomía de Oriente Medio|Medio Oriente]], do [[India|subcontinente indiano]] e dos [[Balcáns]]. Sérvese xeralmente como [[sobremesa]] nos países que formaron parte do antigo [[Imperio Otomán]], sendo un dos [[prato nacional|pratos nacionais]] de [[Turquía]].<ref>[{{Cita web |url=http://allrecipes.com.br/receita/1331/baklava.aspx |título=Receita de baclava no site AllRecipes.com.br] |data-acceso=10 de decembro de 2015 |data-arquivo=11 de decembro de 2015 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20151211120851/http://allrecipes.com.br/receita/1331/baklava.aspx |url-morta=yes }}</ref> É común degustalo cun [[té]].
 
A historia da baclava non está ben documentada, sendo a súa invención reivindicada por varios [[grupos étnicos]]. Mais hai fortes evidencias de que teña unha orixe [[pobos turco|turca]] de [[Gastronomía de Asia|Asia Central]], e que a súa forma actual fose desenvolvida nas cociñas imperiais do [[Palacio de Topkapi]].<ref>PERRY, Charles. "The Taste for Layered Bread among the Nomadic Turks and the Central Asian Origins of Baklava", ''in'' ''A Taste of Thyme: Culinary Cultures of the Middle East''. Ed. Sami Zubaida, Richard Tapper, 1994, p. 87 ISBN 1-86064-603-4.</ref>