Igrexa da Compañía de Xesús de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 1:
{{Coordenadas|42|52|42,9|N|8|32|31,9|W|display=title}}
[[Ficheiro:Igrexa da Companía-099-1.jpg|miniatura|300px350px|Igrexa da Compañía]]
A '''Igrexa da Compañía de Xesús''', máis coñecida polos composteláns como '''Igrexa da Compañía''' ou '''Igrexa da Universidade''', situada na [[praza da Universidade]], lindando coa [[praza de Mazarelos]] ou '''''do Instituto''''', foi construída polos [[Compañía de Xesús|xesuítas]] no [[século XVII]], rematando a súa construción en [[1767]], e pertenceu ao Colexio da [[Compañía de Xesús]] até que, tras a expulsión dos xesuítas, pasou a ser a '''capela da Universidade''' desde [[1769]].<ref name=TS>[https://www.santiagoturismo.com/monumentos/igrexa-da-compania-ou-da-universidade Iglesia de la Compañía o de la Universidad] en Santiago de Compostela. Turismo.</ref><ref name=XG>[https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/3393/igrexa-da-compania-ou-da-universidade?langId=es_ES&tp=8&ctre=31 Iglesia de la Compañía o de la Universidad] en Turismo Galicia. Xunta de Galicia.</ref>
 
O edificio é un dos que, pola súa nudez ornamental no exterior e ao aparente [[clasicismo]] chamou a atención dos [[Historia da arte|historiadores da arte]] que a estudaron até o día de hoxe. Isto deu lugar a discusións sobre o seu estilo e, consecuentemente, sobre a súa cronoloxía. Por exemplo, [[Antonio Bonet Correa]] sinala que estas razóns (a situación do sepulcro do [[arcebispo]] [[Francisco Blanco Salcedo]]) e a perfecta adaptación da capela de San Xosé á capela maior e a impresión de que a fachada actual non concorda coa estrutura interior e o estilo da igrexa, leva a pensar que é obra de finais do [[século XVI]], e, polo tanto, a primeira que se construíu en estilo clasicista en Santiago de Compostela, o que o levou a atribuíla a [[Gaspar de Arce]].<ref>[[Antonio Bonet Correa|Bonet Correa, A.]] (1984): ''La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII''. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas, p. 98.</ref>