Peso colombiano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.5
Liña 24:
En 1871, Colombia adoptou o [[padrón ouro]], ligando o peso ó [[franco francés]] nunha taxa de cambio de 1 peso = 5 francos. Esta taxa só se mantivo até 1886. En 1880, o presidente [[Rafael Núñez]] crea o Banco Nacional da República de Colombia, o cal tiña entre as súas múltiples funcións a de imprimir o papel moeda (denominado peso ''moeda corrente''), que a partir de 1888 sufriu unha acelerada inflación.
[[Ficheiro:COP-USD_1998-2009.svg|esquerda|miniatura|350x350px|Taxa de cambio do peso colombiano fronte ó dólar dende 1998.]]
Para arranxar esta situación o goberno de [[José Manuel Marroquín]] estabelece en 1903 a Xunta de Amortización, que debe converter todo o papel moeda circulante en ouro, a unha taxa de conversión de 100 pesos papel moeda = 1 peso ouro.<ref>[{{Cita web |url=http://www.lablaa.org/blaavirtual/economia/banrep1/hbrep23.htm |título=Los intentos de reintroducir el patrón oro a principios del siglo XX] |data-acceso=21 de marzo de 2018 |data-arquivo=02 de maio de 2009 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20090502220928/http://www.lablaa.org/blaavirtual/economia/banrep1/hbrep23.htm |url-morta=yes }}</ref> Logo, baixo o goberno do xeneral [[Rafael Reyes Prieto|Rafael Reyes]] creouse o Banco Central, o cal continuou con moitas das funcións da Xunta de Amortización e estabeleceu unha taxa de cambio fixa respecto de [[libra esterlina]], segundo a cal 5 pesos equivalían a 1 libra.
 
Tamén durante o goberno do xeneral [[Rafael Reyes Prieto]] créase unha ampla controversia sobre o funcionamento do Banco Central, o que leva ó goberno a cancelar o seu contrato co Banco Central e expedir a Lei 69 de 1909, segundo a cal se crea a Xunta de Conversión, encargada de retomar o traballo deixado pola xa extinta Xunta de Amortización. Durante este período o papel moeda comeza a imprimirse con valores nominais expresados en ''pesos ouro''.