Diferenzas entre revisións de «Estalido social de Chile en 2019»

m
sen resumo de edición
mSem resumo de edição
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
mSem resumo de edição
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
* Desigualdade socioeconómica: malia a que Chile é unha das economías máis prósperas de América Latina, tamén presenta notables desigualdades. En 2019, o 1% máis rico acumulaba o 26,5% da riqueza neta do país e, en 2017, a taxa de pobreza acadou o 10% da poboación total, segundo a Comisión Económica da [[Organización das Nacións Unidas|ONU]] para América Latina (CEPAL).<ref>{{Cita libro|título=Panorama Social de América Latina|editorial=Nacións Unidas|ano=2019|ISBN=978-92-1-047953-0}}</ref> Esta situación foi indicada por moitos dos participantes como un dos motivos para participar no Estalido de outubro de 2019.<ref>{{Cita web|título=Chile protesters: 'We are subjugated by the rich. It's time for that to end'|url=http://www.theguardian.com/world/2019/oct/30/chile-protests-portraits-protesters-sebastian-pinera|páxina-web=the Guardian|data=2019-10-30|data-acceso=2022-01-03|lingua=en}}</ref><ref>{{Cita novas|título=Explainer: Chile's inequality challenge: What went wrong and can it be fixed?|url=https://www.reuters.com/article/us-chile-protests-explainer-idUSKBN1X22RK|xornal=Reuters|data=2019-10-23|data-acceso=2022-01-03|lingua=en}}</ref><ref>{{Cita novas|título=Chile protests: Is inequality becoming worse?|url=https://www.bbc.com/news/world-latin-america-50123494|xornal=BBC News|data=2019-10-21|data-acceso=2022-01-03|lingua=en-GB}}</ref>
*Carencias no sistema de benestar chileno que impiden que cumpra co rol de garantir a [[igualdade de oportunidades]]. Por exemplo, arredor dun cuarto das persoas xubiladas chilenas recoñecen como insuficiente a pensión que perciben grazas a un sistema de capitalización individual de xestión privada.<ref>{{Cita web|url=https://www.cajalosandes.cl/cs/groups/public/documents/document/cmvz/ltiw/~edisp/chile-mayores-20202.pdf|páxina-web=Caja Los Andes|título=Chile y sus mayores: Resultados V Encuesta Nacional Calidad de Vida en la Vejez 2019}}</ref> Deste xeito, a reforma previsional foi unha demanda recorrente nas protestas.<ref>{{Cita web|título=Reforma previsional en Chile: el gran clamor en medio del estallido social|url=https://www.france24.com/es/20200129-reforma-previsional-en-chile-el-gran-clamor-en-medio-del-estallido-social|páxina-web=France 24|data=2020-01-29|data-acceso=2022-01-03}}</ref> Ademais, o sistemas de educación e sanidade pública presentan notables deficiencias fronte a rede privada.<ref>{{Cita web|url=https://obtienearchivo.bcn.cl/obtienearchivo?id=repositorio/10221/25799/2/BCN_calidad_EE_particular_pagado_final.pdf|páxina-web=bcn.cl|título=Resultados del sector particular pagado en el Sistema Educativo chileno}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|título=¿Salud Pública o Privada? Los factores más importantes al evaluar el sistema de salud en Chile|url=http://www.scielo.cl/scielo.php?script=sci_abstract&pid=S0034-98872015000200012&lng=es&nrm=iso&tlng=es|revista=Revista médica de Chile|data=2015-02|ISSN=0034-9887|páxina=244–251|volume=143|número=2|doi=10.4067/S0034-98872015000200012|nome=Pedro|apelidos=Aravena L|nome2=Manuel|apelidos2=Inostroza P}}</ref>
*Descontento co modelo económico: para moitos a orixe das inequidades anteriormente indicadas eran o resultado do [[neoliberalismo]]. A ditadura de Augusto Pinochet (1973-1990) adoptou un programa de reformas neoliberais deseñado polos ''Chicago boys'': economistas chilenos formados na [[Universidade de Chicago]] por [[Milton Friedman]] entre outros académicos. O obxectivo das reformas era limitar ao máximo o rol do Estado como axente económico.<ref>{{Cita web|título=El ladrillo - Memoria Chilena, Biblioteca Nacional de Chile|url=http://www.memoriachilena.gob.cl/602/w3-article-98021.html|páxina-web=www.memoriachilena.gob.cl|data-acceso=2022-01-06}}</ref> Nas protestas fixéronse críticas a que logo de case 30 anos de democracia non se alteran de forma sustancial os alicerces do sistema.<ref>{{Cita novas|título="En Chile se cumplió lo que nuestros profesores de Chicago esperaban que ocurriese": entrevista con Rolf Luders, ministro de economía de Pinochet|url=https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-50257622|xornal=BBC News Mundo|data-acceso=2022-01-06|lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web|título=Chile, cuna del neoliberalismo, los Chicago Boys, estallido social, plebiscito, y pandemia. Por Graciela Galarce|url=https://www.lemondediplomatique.cl/chile-cuna-del-neoliberalismo-los-chicago-boys-estallido-social-plebiscito-y.html|páxina-web=Le Monde diplomatique|data=2021-01-23|data-acceso=2022-01-06|lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web|título=La raíz del estallido y el fracaso del modelo neoliberal – Palabra Pública|url=https://palabrapublica.uchile.cl/2019/12/11/la-raiz-del-estallido-y-el-fracaso-del-modelo-neoliberal/|data-acceso=2022-01-06|lingua=es}}</ref>
* Alto custo de vida: Chile é un dos países máis caros de América Latina, o segundo tras [[Uruguai]], tendo en conta a diferenza entre o [[Produto interior bruto|PIB]] nominal e o PIB corrixido por paridade de poder adquisitivo.<ref>{{Cita web|título=GDP (Nominal) vs GDP (PPP) - StatisticsTimes.com|url=https://www.statisticstimes.com/economy/gdp-nominal-vs-gdp-ppp.php|páxina-web=www.statisticstimes.com|data-acceso=2022-01-03}}</ref> Deste xeito, o recurso a solicitar créditos financeiros por parte dos particulares é moi común, o que acabou derivando nun alto endebedamento.<ref>{{Cita web|título="Democratización del crédito": El análisis del endeudamiento en Chile y sus efectos en el malestar social|url=https://www.emol.com/noticias/Economia/2019/11/01/965944/Endeudamiento-chilenos-detonante-crisis-social.html|páxina-web=emol.com|data=2019-11-01|data-acceso=2022-01-03|lingua=Spanish}}</ref> Así, en 2019 acadouse o máximo histórico de endebedamento das familias: máis dun terzo dos chilenos de máis de 18 anos eran morosas.<ref>{{Cita web|título=Riqueza de hogares chilenos disminuye y endeudamiento de las familias registra un máximo histórico|url=https://www.biobiochile.cl/noticias/economia/actualidad-economica/2019/04/18/riqueza-de-hogares-chilenos-disminuye-y-endeudamiento-de-las-familias-registra-un-maximo-historico.shtml|páxina-web=BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile|data=2019-04-18|data-acceso=2022-01-03|lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web|título=Una cifra que aumenta: morosos en Chile superan las 4,5 millones de personas « Diario y Radio Universidad Chile|url=https://radio.uchile.cl/2019/08/28/una-cifra-que-aumenta-morosos-en-chile-superan-las-45-millones-de-personas/|páxina-web=radio.uchile.cl|data-acceso=2022-01-03|lingua=es-ES}}</ref>
* Problemas de representatividade do sistema político: dende anos antes dende diferentes sectores sociais e políticos reclamábase facer un cambio profundo da Constitución de 1980, aprobada durante a ditadura de [[Augusto Pinochet]].<ref>{{Cita web|título=The Constitutional Process in Chile|url=https://www.swp-berlin.org/publikation/the-constitutional-process-in-chile|páxina-web=Stiftung Wissenschaft und Politik (SWP)|data-acceso=2022-01-03|doi=10.18449/2020c17/|lingua=de-DE}}</ref>
1.507

edicións