Estalido social de Chile en 2019: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xabade (conversa | contribucións)
Nova páxina: "Baixo a denominación "'''Estalido social'''" englóbanse unha serie de protestas multitudinarias en que tiveron lugar dende outubro de 2019 en Santiago de Chile noutras cidades do país. Estas foron as maiores mobilizacións dende a caída da ditadura de Augusto Pinochet e tiveron fondas consecuencias no sistema político chileno. == Causas == As causas das protestas son diversas, aínda que o detonante das protestas foi un incremento do transporte público de Santiago de..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xaneiro de 2022 ás 23:28

Baixo a denominación "Estalido social" englóbanse unha serie de protestas multitudinarias en que tiveron lugar dende outubro de 2019 en Santiago de Chile noutras cidades do país. Estas foron as maiores mobilizacións dende a caída da ditadura de Augusto Pinochet e tiveron fondas consecuencias no sistema político chileno.

Causas

As causas das protestas son diversas, aínda que o detonante das protestas foi un incremento do transporte público de Santiago de Chile,[1] diferentes estudos sinalan que as razóns profundas afunden as súas raíces en diferentes condicións estruturais:

  • Desigualdade socioeconómica: malia a que Chile é unha das economías máis prósperas de América Latina, tamén presenta notables desigualdades. En 2019, o 1% máis rico acumula o 26,5% da riqueza neta do país e, en 2017, a taxa de pobreza acadou o 10% da poboación total, segundo a Comisión Económica para América Latina (CEPAL).[2] Esta situación foi indicada por moitos dos participantes como un dos motivos para participar no Estalido de outubro de 2019.[3][4][5]
  • Carencias no sistema de benestar chileno que impiden que cumpra co rol de garantir a igualdade de oportunidade. Por exemplo, arredor dun cuarto das persoas xubiladas chilenas perciben unha mensualidade insuficiente percibida grazas a un sistema de capitalización individual de xestión privada.[6] Deste xeito, a reforma previsional foi unha demanda recorrente nas protestas.[7] Ademais, o sistemas de educación e sanidade pública presentan notables deficiencias fronte a rede privada.[8][9]
  • Alto costo de vida: Chile é un dos países máis caros de América Latina, o segundo tras Uruguai, tendo en conta a diferenza entre o PIB nominal e o PIB corrixido por paridade de poder adquisitivo.[10] Deste xeito, o recurso a solicitar créditos financeiros por parte dos particulares é moi común, o que acabou derivando nun alto endebedamento.[11] Así, en 2019 acadárase o máximo histórico de endebedamento das familias e que máis dun terzo dos chilenos de máis de 18 anos eran morosas.[12][13]
  • Problemas de representatividade do sistema político: dende anos antes dende diferentes sectores sociais e políticos reclamábase facer unha cambio profundo da Constitución de 1980, aprobada durante a ditadura de Augusto Pinochet.[14]

A sucesión de protestas

En outubro de 2019, un incremento nas tarifas do transporte público de Santiago de Chile derivou nas maiores protestas da Historia de Chile. Entre o 7 e o 17 de outubro comezaron as primeiras "evasións masivas", é dicir, un xeito de protestar consistente en evitar o pago do billete do transporte público, neste caso o metro da capital.[15] Durante varios días, os manifestantes, autoconvocados polas redes sociais, superaron a capacidade de control do metro que acabou rexistrando perdas por valor de 500 millóns de pesos.[16] O venres 18, malia a estaren as estacións protexidas polos carabineiros, o servizo do metro colapsou e a mobilidade da capital viuse seriamente afectada.[17] Ao longo desa tarde tamén se rexistraron cargas policiais e actos vandálicos deixando a unha estudante ferida.[18] No serán do venres 18 o goberno decretou a aplicación da Lei de Seguridade Interior, unha lexislación excepcional, e pechou durante a fin de semana o servizo de metro.[19] Con todo durante esa noite sucedéronse episodios de protesta e violencia, mentres que se difundiu unha fotografía de Piñera canda a súa familia celebrando o aniversario dun dos seus netos nunha pizzería. A imaxe, difundida nas redes sociais, foi para moitos, tanto a nivel nacional como internacional, un símbolo da desconexión do presidente coa realidade do país.[20]

Na madrugada do venres 18 ao sábado 19, Piñera ofreceu unha declaración na que anunciaba o establecemento do Estado de Emerxencia en Santiago e parte da Rexión Metropolitana.[21] Isto significadaba a militarización da orde pública e a limitación das liberdades de reunión e circulación e decretouse un toque de queda durante a noite. Ao longo dese día as medidas de Estado de Emerxencia e o toque de recollida foi ampliado á totalidade da Rexión Metropolitana e á de Valparaíso e á provincia de Concepción, afectando ás principais cidades do país. Foi a primeira vez que se empregaba esta medida para evitar protestas dende a ditadura de Pinochet, se ben fora usado por mor de catástrofes naturais na democracia.[22] Malia a estas medidas, as protestas continuaron afectando ás principais cidades chilenas, causando ás veces episodios violentos como saqueos e enfrontamentos coas forzas de seguridade. Sebastián Piñera declarou entón que ofrecía diálogo paralizando o incremento do prezo do metro, aínda que alertou contra as protestas. A retórica do presidente endureceuse chegando a falar de "grupos criminais organizados" como responsables dos disturbios e de que Chile estaba "en guerra contra un inimigo poderoso" e que os que participaban nas protestas violentas estaban "en guerra contra todos os chilenos de boa vontade que queremos vivir en democracia".[23] O domingo 20 Santiago de Chile e as principais cidades do país acolleron multitudinarias manifestacións de apoio ás protestas. A pesar do seu carácter pacífico, efectivos de carabineiros e do exército dispersaron algunhas mediante a forza habendo agresións a xornalistas.[24]

Durante os días posteriores, Piñeira anunciou un conxunto de medidas de tipo social que recollían aumentos salariais e das pensións, estabilidade nos prezos da enerxía ou a ampliación dos seguros médicos, máis non resultou suficiente. O venres 25 tivo lugar a "marcha máis grande de Chile" que mobilizou a 1 200 000 persoas na capital e, estímase, a uns de 3 000 000 de chilenos.[25]

Actuación policial

A resposta policial ante as protestas foi criticada pola súa dureza describíndose numerosos casos de brutalidade. Informes de institucións como Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos e da Comisión Interamericana de Dereitos Humanos, así como de organizacións non gobernamentais como Amnistía Internacional e Human Rights Watch, testemuñaron numerosos usos excesivos da violencia por parte das forzas de seguridade incluíndo mortes, lesións, violencia sexual ou privacións arbitrarias de liberdade.[26][27][28][29]

Ante estas acusacións, houbo momentos políticos encamiñados á censura da política de Piñera e o seu goberno. Deste xeito, o Congreso Nacional acabou por inhabilitar por 5 anos ao ministro do Interior, Andrés Chadwick.[30] Tamén, un grupo de deputados de esquerda propuxo a destitución do xefe do Estado en novembro de 2019. A proposta non prosperou, sendo rexeitada na primeira votación da Cámara de Deputados por 79 votos en contra e 73 a favor.[31]

En abril de 2021, varios grupos de xuristas e defensores dos Dereitos Humanos (entre os que se atopaba Baltasar Garzón), denunciaron ante a Corte Penal Internacional a Sebastián Piñera e aos seus colaboradores por estes casos de violencia policial.[32] Foron acusados por delitos de "lesa humanidade" por considerar que as respostas das forzas de seguridade foron mostras dun "ataque organizado, masivo, extenso, e sistemático" contra os civís. Mais en decembro de 2021, a fiscalía do tribunal internacional desestimou a denuncia.[33]

Consecuencias

Ante a magnitude do descontento social mostrado dende outubro de 2019, diferentes sectores comezaron a pronunciarse a favor dunha cambio profundo da Constitución de 1980, aprobada durante a ditadura de Augusto Pinochet. Deste xeito, ante a presión de organizacións sociais, sindicais, políticas e xurídicas,[34][35][36] Sebastián Piñera fixo anuncios pouco claros nos que non desbotaba dunha reforma estrutural do texto.[37] Finalmente, o 10 de novembro de 2019, o ministro do Interior, Gonzalo Blumel, confirmou que o goberno comezaría un proceso de redacción dunha nova Constitución mediante un "Congreso Constituínte" e un referendo para a ratificación da carta magna que se elaborara.[38] Malia a que a oposición valorou que o executivo se abrise a unha nova Constitución rexeitou a forma de redactala, propondo unha asemblea constituínte electa para tal fin, a chamada Convención Constitucional. O 15 de novembro, goberno e oposición acordaron celebrar un duplo plebiscito simultáneo no que se preguntase á cidadanía se querían unha nova Constitución e o xeito de facelo, optando entre a Convención Constitucional ou unha convención mixta na que se escollese a parte dos seus integrantes mentres que o resto serían designados polo Congreso. Sebastián Piñera asinou a lei para convocar o referendum o 23 de decembro de 2019.[39]

A consulta, fixada para o 26 de abril de 2020, tivo que ser adiada ata o 25 de outubro pola pandemia de covid-19 que afectou ao país dende marzo de 2020.[40] Os resultados deixaron un 78,28% a favor de redactar unha nova Constitución e case un 79% a favor de que a elaborase a Convención Constitucional.[41]

Notas

  1. Arrizado, Fernando. "Chile: “Non é por 30 pesos, é por 30 anos”". Nós Diario. Consultado o 2022-01-03. 
  2. Panorama Social de América Latina. Nacións Unidas. 2019. ISBN 978-92-1-047953-0. 
  3. "Chile protesters: 'We are subjugated by the rich. It's time for that to end'". the Guardian (en inglés). 2019-10-30. Consultado o 2022-01-03. 
  4. "Explainer: Chile's inequality challenge: What went wrong and can it be fixed?". Reuters (en inglés). 2019-10-23. Consultado o 2022-01-03. 
  5. "Chile protests: Is inequality becoming worse?". BBC News (en inglés). 2019-10-21. Consultado o 2022-01-03. 
  6. "Chile y sus mayores: Resultados V Encuesta Nacional Calidad de Vida en la Vejez 2019" (PDF). Caja Los Andes. 
  7. "Reforma previsional en Chile: el gran clamor en medio del estallido social". France 24. 2020-01-29. Consultado o 2022-01-03. 
  8. "Resultados del sector particular pagado en el Sistema Educativo chileno" (PDF). bcn.cl. 
  9. Aravena L, Pedro; Inostroza P, Manuel (2015-02). "¿Salud Pública o Privada? Los factores más importantes al evaluar el sistema de salud en Chile". Revista médica de Chile 143 (2): 244–251. ISSN 0034-9887. doi:10.4067/S0034-98872015000200012. 
  10. "GDP (Nominal) vs GDP (PPP) - StatisticsTimes.com". www.statisticstimes.com. Consultado o 2022-01-03. 
  11. ""Democratización del crédito": El análisis del endeudamiento en Chile y sus efectos en el malestar social". emol.com (en Spanish). 2019-11-01. Consultado o 2022-01-03. 
  12. "Riqueza de hogares chilenos disminuye y endeudamiento de las familias registra un máximo histórico". BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile (en castelán). 2019-04-18. Consultado o 2022-01-03. 
  13. "Una cifra que aumenta: morosos en Chile superan las 4,5 millones de personas « Diario y Radio Universidad Chile". radio.uchile.cl (en castelán). Consultado o 2022-01-03. 
  14. "The Constitutional Process in Chile". Stiftung Wissenschaft und Politik (SWP) (en alemán). doi:10.18449/2020c17/. Consultado o 2022-01-03. 
  15. Baeza, Angélica (2019-10-11). "Evasión masiva de alumnos del Instituto Nacional en el Metro termina con denuncia en Fiscalía y medidas de contención". La Tercera. Consultado o 2022-01-03. 
  16. "Metro por evasiones masivas: Daños alcanzan los 500 millones de pesos". Tele13. Consultado o 2022-01-03. 
  17. "Múltiples puntos de evasión masiva en el Metro marcan la quinta jornada de protesta". El Mostrador (en castelán). 2019-10-18. Consultado o 2022-01-03. 
  18. "Video muestra a joven herida durante jornada de protestas en Estación Central". El Desconcierto - Prensa digital libre (en castelán). Consultado o 2022-01-03. 
  19. "Gobierno por evasiones masivas: "Hemos invocado la Ley de Seguridad del Estado"". meganoticias.cl (en castelán). 2019-10-18. Consultado o 2022-01-03. 
  20. Coppola, Alessandra (2019-10-20). "«Il Cile brucia e lui mangia la pizza»: bufera contro Piñera". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2022-01-03. 
  21. Tercera, La (2019-10-19). "¿Qué significa el Estado de Emergencia decretado por el Presidente?". La Tercera. Consultado o 2022-01-03. 
  22. "No se veía desde Pinochet: el último toque de queda que se decretó en Santiago por protestas sociales". Publimetro Chile (en castelán). Consultado o 2022-01-03. 
  23. "Presidente Piñera:". prensa.presidencia.cl. Consultado o 2022-01-03. 
  24. "Mano dura: militares dispersan a manifestantes en Apoquindo y agreden a la prensa". El Mostrador (en castelán). 2019-10-21. Consultado o 2022-01-03. 
  25. "Máis dun millón de persoas toman Santiago de Chile para protestar contra a desigualdade". Nós Diario. Consultado o 2022-01-03. 
  26. "Informe sobre la Misión a Chile: 30 de octubre-22 de noviembre" (PDF). ohchr.org. 
  27. OEA (2009-08-01). "OEA - Organización de los Estados Americanos: Democracia para la paz, la seguridad y el desarrollo". www.oas.org (en castelán). Consultado o 2022-01-03. 
  28. "Chile: Llamado urgente a una reforma policial tras las protestas". Human Rights Watch (en castelán). 2019-11-26. Consultado o 2022-01-03. 
  29. "Chile: Responsabilidad penal por omisión de los mandos con ocasión de los crímenes cometidos durante el estallido social.". Amnesty International (en francés). Consultado o 2022-01-03. 
  30. Senado. "Respaldan acusación constitucional contra ex ministro Chadwick - Senado - República de Chile". Senado (en castelán). Consultado o 2022-01-03. 
  31. "Cámara de Diputados desechó acusación constitucional contra el Presidente Piñera". Cooperativa.cl (en Spanish). Consultado o 2022-01-03. 
  32. "Garzón y Comisión Chilena de DDHH acusan al Presidente Piñera en la Corte Penal Internacional por crímenes de lesa humanidad". CIPER Chile (en castelán). 2021-04-29. Consultado o 2022-01-03. 
  33. Retamal, Felipe (2021-12-09). "Corte Penal Internacional desestima requerimiento contra Presidente Piñera por supuestos delitos de lesa humanidad y resuelve “no iniciar examen preliminar”". La Tercera. Consultado o 2022-01-03. 
  34. "Líderes sociales exigen Asamblea Constituyente y seis medidas anti abusos de corto plazo". BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile (en castelán). 2019-10-21. Consultado o 2022-01-03. 
  35. Senado. "Declaraciones del Presidente del Senado tras reunión de los tres poderes del Estado en La Moneda - Senado - República de Chile". Senado (en castelán). Consultado o 2022-01-03. 
  36. "Vocero de la Corte Suprema a favor de una nueva Constitución: "Deberíamos abocarnos a eso"". BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile (en castelán). 2019-10-30. Consultado o 2022-01-03. 
  37. Mostrador, El (2019-10-31). "Ambigüedad del Gobierno de Piñera ante nueva Constitución marca cita de la oposición con Blumel en La Moneda". El Mostrador (en castelán). Consultado o 2022-01-03. 
  38. "Gobierno confirma proceso para una nueva Constitución a través de un "Congreso Constituyente"". BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile (en castelán). 2019-11-10. Consultado o 2022-01-03. 
  39. "Piñera firma ley para convocar a plebiscito sobre nueva Constitución en Chile – La Ley al Día" (en castelán). Consultado o 2022-01-03. 
  40. "Presidente promulga reforma que posterga el Plebiscito para el 25 de octubre". Emol (en Spanish). 2020-03-26. Consultado o 2022-01-03. 
  41. "Jubilation as Chile votes to rewrite constitution". BBC News (en inglés). 2020-10-26. Consultado o 2022-01-03.