Concertino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m Reemplazos con Replacer: «maestro»
 
Liña 8:
Na actualidade o termo concertino úsase moi comunmente para a música sinfónica. Nunha [[orquestra|orquestra siunfónica]], a primacía dos violíns é moi habitual. Así, na orquestra, o concertino é a persoa de maior xerarquía despois do [[orquestra|director]] da orquestra, o que executa os [[solo (música)|solos]] de violín en caso de que os haxa, coa excepción dos concertos de violín, nos que é probábel que interveña un violinista convidado.
 
Na orquestra o concertino ocupa o primeiro lugar da primeira fila de executantes, á esquerda do maestromestre. Antes da entrada do maestromestre, é o último instrumentista que entra no [[artes escénicas|escenario]].
 
O concertino toma decisións respecto á técnica de execución dos violíns e, en ocasións, de todos os instrumentos de [[corda fretada|corda]], e pode encargarse da [[afinación]] de toda a orquestra (só corda) antes dos ensaios e das actuacións cara ao público, e doutras cuestións técnicas. En ocasións axuda ao director da orquestra con pequenos xestos que marcan tempos que non poden ser indicados soamente pola batuta do director.