Orde do Císter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Xabade (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Liña 35:
 
=== Século XVI e XVII: Disputas pola observancia ===
A reforma protestante supuxo a disolución das comunidades de Países Baixos, Escandinavia, os países bálticos e Gran Bretaña. En Alemaña, algúns mosteiros, como o de Eberbach, foron saqueados no contexto das guerras campesiñas, e entre os propios membros houbo disidencias pola adopción do luteranismo. Deste xeito, ao longo do XVI, 45 dos dos 104 cenobios que o Císter contaba en terras alemanas pecharon por mor da Reforma; en Suíza só quedaron 4, a metade dos que contaba a orde a principios de século.<ref>{{Cita web|título=Historia institucional cisterciense - Reformas y la Reforma|url=https://www.cistercensi.info/storia/storia09es.htm|páxina-web=www.cistercensi.info|data-acceso=2022-01-01}}</ref>
 
Nos séculos XVI e XVII o Císter afrontou tensións internas derivadas das reaccións dalgunhas das comunidades ante o que se entendía era a relaxación na observancia das regras da orde. Así, na década de 1570, no mosteiro de ''Notre-Dame-des-Feuillants'', próxima a [[Tolosa, Francia|Toulouse]], conformouse unha nova congregación cisterciense, chamada dos ''feuillants''. Baseábanse nunha volta a unha [[Ascetismo|ascese]] moi estrita na vida dos monxes: vexetarianismo estrito, durmir e comer no chan, e traballo. O papa [[Gregorio XIII, papa|Gregorio XIII]] recoñeceuna como unha congregación independente en 1589 e tamén se difundiu en [[Italia]], ademais de en Francia.<ref>{{Cita publicación periódica|título=Benoist Pierre. La bure et le sceptre. La congrégation des Feuillants dans l’affirmation des États et des pouvoirs princiers (vers 1560-vers 1660)|url=https://www.persee.fr/doc/bec_0373-6237_2007_num_165_2_463547_t9_0555_0000_2|revista=Bibliothèque de l'École des chartes|data=2007|páxina=555–557|volume=165|número=2|nome=Éléonore|apelidos=Alquier}}</ref><ref>{{Cita web|título=CATHOLIC ENCYCLOPEDIA: Feuillants|url=https://www.newadvent.org/cathen/06064a.htm|páxina-web=www.newadvent.org|data-acceso=2021-12-28}}</ref>