Orde do Císter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 83:
 
== Arquitectura cisterciense ==
As normas que rexeron no Císter constitúen un conxunto de restricións, unha primacía da parquedadefrugalidade fronte ao exceso decorativo propio do contemporáneo [[arquitectura románica|románico pleno]] de orixe francés que en Galicia tiña a [[Catedral de Santiago]] como obrigada referencia e fonte de inspiración.
 
Prohíbese polo tanto calquera tipo de decoración, incluída a escultura e a pintura. Os ''Capítulos Xerais'' chegaron mesmo a regular os cristais das xanelas dos templos, establecendo que todas debían ser brancas, sen pinturas nin cruces, e que aquelas pintadas habían de ser substituídas no prazo de dous anos, e que no caso contrario o abade, o prior e o cerilleiro terían que xaxuar cada sexto día a pan e auga ata o seu cambio.
 
== Notas ==