Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xabade (conversa | contribucións)
Xabade (conversa | contribucións)
Liña 16:
Santa María de Sobrado sufriu unha nova etapa de decadencia que culminou o [[21 de setembro]] de [[1834]], cando coa [[desamortización]] o mosteiro quedou suprimido por real orde. O mosteiro de Santa María de Sobrado, os seus edificios e posesións foron vendidos. Iniciouse unha deterioración progresiva dos edificios, que acabaron converténdose en ruínas. En xullo de [[1836]], no marco da [[primeira guerra carlista]], o xeneral [[Miguel Gómez Damas]] puxo cerco a un grupo de militares que se refuxiaron no mosteiro. Logo de cinco días de sitio proseguiu o seu camiño cara a [[Santiago de Compostela]] pola proximidade das tropas de [[Baldomero Espartero]].<ref>{{cita novas|autor={{versaleta|[[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo, R.]]}}|xornal=[[Nós (revista)|Nós]]|data=15 de xuño de 1927|título=O século XIX. Unha vida|páxinas=6-9}}</ref>.
 
No ano [[1954]], por encargo do cardeal [[Fernando Quiroga Palacios|Quiroga Palacios]], [[Arcebispo de Santiago]], o Mosteiro Cisterciense de Viaceli, situado en [[Cóbreces]] (Cantabria) comeza a tarefa de reconstrución de Sobrado; e no mes de xullo de [[1966]] envía unha comunidade de monxes. Así, o [[25 de xullo]] de 1966, comeza de novo a vida monástica no Mosteiro cos [[trapistas]].<ref>{{Cita web|título=Historia|url=http://www.monasteriodesobrado.org/index.php/historia/|páxina-web=www.monasteriodesobrado.org|data-acceso=2021-12-27|lingua=es-ES}}</ref> En [[2020]], pertencían ao mosteiro unha vintena de monxes.<ref>{{Cita web|url=https://ocso.org/wp-content/uploads/2021/03/2020-31122020-Statistica-Monks-Moines-Monjes.pdf|páxina-web=ocso.org|título=STATISTICA Monks 31/12/2020}}</ref> Entre o repertorio de produtos elaborados destaca o [[doce de leite]].
 
== Arquitectura ==