Orde do Císter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Arranxiños
Xabade (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
== Historia ==
Ao perder a [[orde de Cluny]] o seu fervor á causa das riquezas acumuladas, xorde a reforma cisterciense, saída do mosteiro do Císter en [[Borgoña]]. O fundador foi o [[beneditino]] [[Roberto de Molesmes]] (1024-1111). Este pretendía seguir unha vida monástica máis fiel á Regra de [[Bieito de Nursia|San Bieito]], establecendo unha comunidade de ermitas en Molesmes en 1075. Este mosteiro medrou moito e houbo tensións dentro dos monxes entre os que querían seguir as interpretacións de Roberto de Molesmes e os que preferían seguir a Cluny. Finalmente, 21 relixiosos seguiron ao prior Alberico e ao abade Roberto e marcharon de Molesmes, fundando o 21 de marzo de 1098 un novo mosteiro en Citeaux, ao sur de [[Dijon]], na diocese de Chalon. O sucesor de Roberto, que volveu a Molesmes por decisión papal, foi Alberico. Con Alberico adoptouse o hábito branco característico da orde, como mostra de humildade rexeitaron tinguir a lá como facían os beneditinos.<ref>{{Cita web|título=CATHOLIC ENCYCLOPEDIA: Cistercians|url=https://www.newadvent.org/cathen/03780c.htm|páxina-web=www.newadvent.org|data-acceso=2021-12-26}}</ref>
 
=== Orixes: revisión de Cluny e volta á Regra de San Bieito ===

=== Apoxeo: consolidación e difusión nos séculos XII a XIV ===
Falecido en 1109, foi Esteban Harding quen tomou a dirección do mosteiro nun momento no que, debido á dureza da vida da comunidade, estaba en crise pola falta de vocacións. Con todo, nos anos seguintes, a Orde do Císter comezou a fundar novos cenobios: La Ferté (1113), Pontigny (1114) e Claraval (1115).<ref name=":0">{{Cita libro|título=Gran Enciclopedia Gallega|apelidos=Fernández de Viana|nome=José Ignacio|editorial=Silverio Cañada Editor|ano=1974|ISBN=84-7286-041-8|capítulo=Cistercienses|volume=6|páxinas=192-195}}</ref> Esteban Harding escribiu entre 1118 e 1119 a ''Carta Caratatis'' ou Carta de Caridade, considerado como o primeiro documento de goberno da Orde. Nesta, recompila os usos e costumes dos mosteiros para velar pola cohesión na observancia.<ref>{{Cita web|título=el objetivo de una carta es …|url=https://www.monasteriodearmenteira.es/el-objetivo-de-una-carta-es/|data=2018-01-26|data-acceso=2021-12-26|lingua=es|nome=Comunidad de|apelidos=Armenteira}}</ref> Durante os seus 25 anos de abade, o Císter consolidouse e difundiuse mediante novas fundacións e, cara o 1125, patrocinou a rama feminina ao fundarse a [[abadía de Tart]].
 
O Císter comezou un período de esplendor esplendor no [[século XII]], en tempos de [[Bernardo de Claraval]], abade do mosteiro de Claraval, figura senlleira no [[cristianismo]] do momento. En [[1134]], o Císter xa contaba con casas en [[Alemaña]], [[Inglaterra]], na [[Península Ibérica]] e [[Italia]], ademais de [[Francia]], e chegaría a máis de 500 en [[1200]].<ref>{{Cita libro|título=Diccionario Akal de Historia Medieval|url=https://books.google.es/books?id=9Y2ePRbe1rsC&pg=PA111&lpg=PA111&dq=Carta+caritatis+(%22Carta+del+amor%22)&source=bl&ots=U6SrQKs9Y5&sig=ACfU3U2zSzD-bqzrRRrqjWeL7vKPd7iMaA&hl=gl&sa=X&ved=2ahUKEwiD5PWRwIL1AhXEyIUKHeXTD9AQ6AF6BAgsEAM#v=onepage&q=Carta%20caritatis%20(%22Carta%20del%20amor%22)&f=false|editorial=Ediciones AKAL|data=1998-05-19|ISBN=978-84-460-0841-5|lingua=es|nome=H. R.|apelidos=Loyn}}</ref>
 
A chegada da orde á península Ibérica foi coa fundación do mosteiro de Niencebas en 1140 grazas a unha doazón do rei Afonso VII de León, esta comunidade acabou trasladándose a Fitero (Navarra) en 1152. A rama feminina estableceuse por primeira vez en Tudela (Navarra) en 1142, mudándose a Tulebras en 1156, onde se mantén actualmente.<ref>{{Cita web|título=NUESTRA CASA - Monjas Cistercienses - Monasterio de Tulebras|url=https://www.monasteriodetulebras.com/monasterio-cisterciense-tulebras-navarra/|data-acceso=2021-12-27|lingua=es}}</ref>
 
=== Crise no século XV ===
DuranteSe ben durante os séculos XIII e XIV a orde foi a máis importante de Europa, pero no século XV entrou en crise por múltiples factores: o [[cisma de Occidente]], as guerras e as encomendas danaron á orde. Para resolver isto, aos Ordemosteiros docistercienses Císter optou por reorganizarsereorganizáronse creando congregacións que agrupasen aos mosteiroscenobios existentes dentro dun Estado. Este movemento foi cuestionado pola abadía de Citeaux pois supuña a perda do control de parte da rede de mosteiros, pero foi apoiado polos papas.<ref>{{Cita web|título=Historia institucional cisterciense - Nacimiento de las Congregaciones|url=https://www.cistercensi.info/storia/storia10es.htm|páxina-web=www.cistercensi.info|data-acceso=2021-12-27}}</ref> Deste modo, no ano [[1427]], en Santa María de Sión, na periferia de [[Toledo]], frei [[Martín de Vargas]] fundou a ''Congregación Cisterciense Reformada'', tamén coñecida como ''Congregación de Castela''. Posteriormente, este movemento foi seguido noutras rexións, nacendo as congregacións de [[Lombardía]] e [[Toscana]], [[Portugal]], [[Alemaña]], [[Coroa de Aragón|Aragón]] ou [[Estados Pontificios|Roma]], por citar algúns exemplos.<ref name=":0">{{Cita libro|título=Gran Enciclopedia Gallega|apelidos=Fernández de Viana|nome=José Ignacio|editorial=Silverio Cañada Editor|ano=1974|ISBN=84-7286-041-8|capítulo=Cistercienses|volume=6|páxinas=192-195}}</ref> Á fronte das congregacións estaba un vicario do que dependían os superiores dos mosteiros que se integraban nela. Durante os séculos XV e XVI houbo tensións dentro da orde pola pretensión de Citeaux de manter o control fronte a vontade de autonomía das congregacións. No caso das comunidades cistercienses galegas os efectos deste feito tardaron en chegar, nalgúns casos incluso un século, pero cando o fixeron supúxolles a moitas delas trocos moi importantes na súa organización.
 
==Fundacións==