Época vitoriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Liña 3:
 
A raíña Vitoria, con 64 anos no trono, tivo o reinado máis longo até entón na historia dos monarcas británicos (logo superado polo da súa tataraneta [[Isabel II do Reino Unido|Isabel II]] coroada en 1953), e os cambios culturais, políticos, económicos, industriais e científicos que tiveron lugar durante o seu reinado foron extraordinarios. Cando Vitoria ascendeu ó trono, Inglaterra era esencialmente agraria e rural; á súa morte, o país atopábase altamente [[industria]]lizado e a maioría do seu territorio xa estaba conectado por unha rede [[Ferrocarril|ferroviaria]] que seguía expandíndose. A transición non foi suave. As primeiras décadas do reinado de Vitoria foron testemuñas de varias epidemias (especial gravidade revestiron as de [[tifo]] e [[cólera]]), serios problemas na produción e distribución de alimentos básicos e os consecuentes colapsos económicos. Tamén se produciron disturbios sociais causados pola inequidade da configuración do dereito de sufraxio e en protesta pola derrogación das leis agrícolas (''Corn Laws''), aprobadas durante as [[guerras napoleónicas]].<ref>{{harvsp|Cortés Carmen|1985|p=26}}</ref>
 
Esta época divídese en tres etapas:
 
* Victorianismo temperán (1837-1851), co ascenso ó trono da [[Vitoria do Reino Unido|raíña Vitoria]], que conforma a fase de asentamento da sociedade nada trala Revolución Industrial.
* Victorianismo medio (1851-1873). A Gran Exposición, celebrada no Crystal Palace de Londres, considérase o comezo dun longo período de estabilidade interna, propiciado pola hexemonía que obtivo o Reino Unido ó ser o primieiro estado que culminou existosamente o proceso industrializador característico deste século en Occidente.
* Victorianismo tardío (1873-1901). Agudízanse os problemas con Irlanda (territorio que non obtería a súa independencia ata o ano 1921), e coas colonias, e simultáneamente, radicalízase o movemento obreiro e sindical.
 
== Notas ==