m
Reemplazos con Replacer: «de os»
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0 |
m Reemplazos con Replacer: «de os» |
||
Liña 4:
'''''The Washington Post''''' é o maior e máis antigo [[Prensa escrita|xornal]] de [[Washington, D.C.]], a capital dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Gañou fama mundial a principios dos [[Década de 1970|70]], pola súa investigación sobre o caso [[Watergate]], conducida por [[Bob Woodward]] e [[Carl Bernstein]], que desempeñou un papel importante na caída de [[Richard Nixon]] como presidente. É xeralmente considerado un dos mellores diarios estadounidenses, xunto co ''[[The New York Times|New York Times]]'', coñecido pola súa reportaxe xeral e cobertura internacional, e o ''[[The Wall Street Journal|Wall Street Journal]]'', famoso no eido financeiro. O ''Post'' distinguiuse polas súas reportaxes sobre a [[Casa Branca]], o [[Congreso dos Estados Unidos de América|Congreso]], e outros aspectos do goberno estadounidense.
Por outra banda, a diferenza do''Times'' e o ''Journal'', o ''Post'' vese a si mesmo como un xornal estritamente rexional, e non imprime unha edición nacional para distribución máis aló da Costa leste
A súa circulación diaria media, segundo datos de marzo de 2013, era de 474 767 e de 838 014 os domingos,<ref name=circu>[https://archive.today/20130306175039/http://abcas3.auditedmedia.com/ecirc/newstitlesearchus.asp Circulación total de los periódicos estadounidenses], Alliance for Audited Media, 31.03.2013; acceso 06.08.2013</ref> o que o coloca no oitavo lugar dos xornais estadounidenses, detrás do ''Wall Street Journal'', ''New York Times'', ''[[USA Today]]'', ''[[Los Angeles Times]]'', ''[[San Jose Mercury News]]'', ''[[Daily News]]'' e ''[[New York Post]]''. Mentres que a súa circulación (como a de todos os diarios) foi en caída lenta, ten unha das taxas de penetración de mercado máis altas de todos os diarios metropolitanos.
|