Arte da Roma antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
m Reemplazos con Replacer: «del»
Liña 7:
No entanto, aínda que os romanos sempre se orgulleceron de seren herdeiros culturais dos gregos, foron capaces de introducir lecturas innovadoras na herdanza recibida e adicionar elementos novos da súa preferencia especial, creando unha identidade propia e contribuíndo orixinalmente en varios aspectos. Por exemplo a invención do [[arco de volta perfecta]] e da [[cúpula]] na arquitectura, o desenvolvemento da [[Perspectiva (gráfica)|perspectiva]] na pintura, a formulación dun xeito narrativo tipicamente romano na escultura, apreciándose especialmente na retratística, o desenvolvemento da [[retórica]] na literatura e na [[oratoria]] política, o gusto por temas cívicos e do cotián, polo [[historicismo]] e polo [[ecletismo]] estético.
 
En relación ao seu imperio, a arte creada na capital, Roma, foi sempre o modelo, mais deldela xurdiron infinitas ramificacións e variaións. A súa civilización influenciou unha vasta área e durou máis de mil anos, e neste campo inmenso en perpetua transformación, englobando pobos e culturas extremamente diferenciados, formáronse ás veces escolas bastante individualizadas, que evoluíron preservando parte da súas linguaxes orixinais. Malia observarmos diverxencias ao longo dos anos e nas varias provincias, Roma conseguiu impor, aos seus territorios máis distantes, os seus principios culturais e artísticos e os seus sentidos máis esenciais, que funcionaron coma unha especie de [[lingua franca]] para a comunicación e o entendemento mutuo entre contextos tan dispares, e que ao mesmo tempo sinalaban para eses diversos pobos o que significaba ser romano e daban a dirección a ser seguida.
 
A arte romana foi de fundamental importancia para a preservación do legado grego, deixou monumentos notábeis polo seu propio dereito en todas as formas de expresión, a súa fase final foi a base inmediata para a formación da [[arte paleocristá]], a [[arte bizantina]] e a [[arte medieval]], e se mantivo coma unha das referencias máis centrais para a cultura de occidente ao longo de toda a súa historia, incitando sucesivos ciclos de [[revivalismo]]. Hoxe a arte romana é apreciada en todo o mundo, sendo obxecto de innumerábeis estudos e atraendo lexións de visitantes aos sitios e museos onde se preserva.