Maximilien de Robespierre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Poño modelo Biografía
Ourol (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Maximilien François Marie Isidore de Robespierre''', naceu o [[6 de maio]] de [[1758]] e morreu o [[28 de xullo]] de [[1794]]. foiFoi un dos líderes máis coñecidos da [[Revolución Francesa]]. Os seus partidarios coñecíano como "o incorruptible" debido á súa dedicación moral austera á revolución. Era un membro influente do comité da seguridade pública, e unha figura fundamental no período da revolución coñecida comunmente como o reino do terror. A súa detención e execución en [[1794]] puxo fin ao terror. Politicamente foi discípulo de [[Jean-Jacques Rousseau]], entre outros filósofos da [[Ilustración]], e voceiro capaz da burguesía esquerdistas.
 
Robespierre decidiu presentarse ás eleccións aos [[Estados Xerais]] de abril de [[1789]], facéndose coñecido na súa localidade polo panfleto ''Adresse à la nation artésienne''. Aínda que os principais oligarcas da provincia presentáronse para a elección, o [[26 de abril]] Robespierre foi electo como o quinto deputado do Terceiro Estado.
Liña 6:
Ao reunirse os estados xerais en Versalles o [[5 de maio]] de [[1789]], a paixón de Robespierre xa empezou a ser evidente. Mirabeau dixo del: Este novo home cre no que di, vai chegar lonxe.
 
Grande orador na Asemblea Constituínte (rexístranselle uns 150 discursos ata [[1791]]), foise afianzando como un dos líderes do pequeno grupo de extrema esquerda denominado desprezativamente por Mirabeau "as trinta voces".
 
Desde a época dos Estados Xerais, Robespierre participara no club dos amigos da constitución, que ao trasladar o seu recinto ao edificio dos freires xacobinos serían coñecidos como os xacobinos. Rodeado de persoas da súa orixe e clase social, Robespierre foi gañando terreo ata converterse no líder absoluto do movemento no verán de 1792.