Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Ourol (conversa | contribucións)
Liña 45:
::Vale, un detalle, hai varios niveis de desrecomendacións, non é o mesmo que as universidades desrecomenden algo a que o faga a RAG, e os cambios que fixen en Chile ningún está desrecomendado pola RAG, todo o contrario, di literalmente que son sinónimos.. :)
::E todo o contrario, é moito mellor que se corrixa o que está incorrecto, onde vai parar, pero cun pouco de tino, iso si :)
::Interésame o tema do estudo dos tradutores automáticos, se se publica nalgún sitio en aberto gustaríame botarlle unha ollada se é posible. E xa que me comentas iso tes que ter en conta que moitos dos artigos da wiki non son traducións automáticas, moitas son traducións feitas manualmente polos editores, e vanse facendo cada unha co nivel de galego propio de cada usuario, outros moitos son artigos con contidos totalmente propios da Gali. Se queres revisar artigos que proveñen dunha tradución, que non é automática se non que é asistida cun tradutor automático e revisada polo usuario, podes atopalos na categoría [[:Categoría:Wikipedia:Artigos traducidos doutras Wikipedias]]. Non están todos os que se fan, pero todos os que están aí si veñen de traducións. Moitas desas traducións fanse coa utilidade da ferramenta do Tradutor de contido (se non a coñeces e queres máis info sobre o trebello avisa e cóntoche algo máis, non me quero enlear :). Ah, outra cousa, as traducións automáticas sen revisión polo usuario non están permitidas na Gali e cando se detectan márcanse para que se amañen e se durante uns días non melloran, bórranse.
:::grazas pola explicación. Non me refería á teoría senón á práctica. Por poñerche un exemplo, que ocorre tamén cos xornais (e non me refiro aos xornais que fan traducions automáticas "sen pudor"): cando ves cousas sin sentido como "calea" e que ao final decátaste que é unha traducion auto de "la calle" (=a rúa), pois obviamente conclúese que moitas veces son traducións "semi-revisadas" por dicilo dalgún modo. Estou á procura de poder cuantificalo e ter estimativas de porcentaxes, pero é un feito que a "calidade" das revisións humanas ten unha certo grao de dispersión, en calquera ámbito humano. Outro tema, máis puramente lingüístico, é o do valor engadido de traducións literais, sexan revisadas ou non, que é por definición o resultado de traducións saídas da axuda de tradutores automáticos. A maioría das expresións elexidas son as coincidentes coas correspondentes en castelán. E no vocabulario igualmente, soamente é usado aquel que coincide co castelán, basicamente porque esa foi a elección do tradutor auto. En fin, ao final hai unha gran cantidade (maioría?) de artigos que son traducións literais que, si, é verdade que cumpren os criterios da RAG, pero que, na miña opinión, afástanse dun uso lingüístico do galego normal. Isto, insisto, ocorre cos xornais igualmente, non é un problema (grave) soamente da wikipedia. E, por suposto, non paga a pena discutir o problema, coido que sería importante que se pensase en solucións. Pero para chegar a solucións teremos primeiro que aceptar o problema.--[[Usuario:Ourol|Ourol]] ([[Conversa usuario:Ourol|conversa]]) 16 de decembro de 2021 ás 15:46 (UTC)
 
::Se queres revisar artigos que proveñen dunha tradución, que non é automática se non que é asistida cun tradutor automático e revisada polo usuario, podes atopalos na categoría [[:Categoría:Wikipedia:Artigos traducidos doutras Wikipedias]]. Non están todos os que se fan, pero todos os que están aí si veñen de traducións. Moitas desas traducións fanse coa utilidade da ferramenta do Tradutor de contido (se non a coñeces e queres máis info sobre o trebello avisa e cóntoche algo máis, non me quero enlear :). Ah, outra cousa, as traducións automáticas sen revisión polo usuario non están permitidas na Gali e cando se detectan márcanse para que se amañen e se durante uns días non melloran, bórranse.
::E si, puxen as cursivas para que se entendera mellor que era o texto orixinal, pero agora estou a decatarme que se podería poñer a tradución e unha nota indicando o texto orixinal, creo que llo vou cambiar cando teña outro momento.
:::penso que a wikipedia galega debe traducir, aínda que se comprenda o orixinal. Se non tamén se poden poñer (esaxerando ;-) ) os artigos enteiros xa en castelán.--[[Usuario:Ourol|Ourol]] ([[Conversa usuario:Ourol|conversa]]) 16 de decembro de 2021 ás 15:46 (UTC)
::Sobre arrefriador, que xa amañei, entendo que pode ser un termo correcto xa que se deriva do verbo, non sei por que non está no DRAG pero tamén é certo que non todos os termos se atopan aí, se pensas que pode haber un problema buscamos a forma de cambialo. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 16 de decembro de 2021 ás 10:59 (UTC)
::::bon, lingüísticamente se aceptas os criterios da RAG non é así, se non convérteste en "xuíz" de que é válido e que non. Pero non me preocupa, a verdade é que me dá o mesmo, é simplemente o feito de non sermos xuíces e parte.--[[Usuario:Ourol|Ourol]] ([[Conversa usuario:Ourol|conversa]]) 16 de decembro de 2021 ás 15:46 (UTC)
:::Corrixo, na categoría que che dixen non están só os artigos traducidos coa ferramenta do tradutor de contido, están todos os artigos que son tradución doutra Wikipedia, independentemente das ferramentas que usen os usuarios ó crealos, non hai unha categoría específica para atopar artigos traducidos usando como axuda un tradutor automático. Para atopar artigos que foron creados co trebello do Tradutor de contido podes consultar [https://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Cambios_recentes?hidebots=1&hidecategorization=1&hideWikibase=1&tagfilter=contenttranslation&limit=500&days=30&enhanced=1&urlversion=2 os cambios recentes nesta ligazón] que che amosa os últimos 500 artigos creados dese xeito... Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 16 de decembro de 2021 ás 13:35 (UTC)