Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Ourol»

::Vale, un detalle, hai varios niveis de desrecomendacións, non é o mesmo que as universidades desrecomenden algo a que o faga a RAG, e os cambios que fixen en Chile ningún está desrecomendado pola RAG, todo o contrario, di literalmente que son sinónimos.. :)
::E todo o contrario, é moito mellor que se corrixa o que está incorrecto, onde vai parar, pero cun pouco de tino, iso si :)
::Interésame o tema do estudo dos tradutores automáticos, se se publica nalgún sitio en aberto gustaríame botarlle unha ollada se é posible. E xa que me comentas iso tes que ter en conta que moitos dos artigos da wiki non son traducións automáticas, moitas son traducións feitas manualmente polos editores, e vanse facendo cada unha co nivel de galego propio de cada usuario, outros moitos son artigos con contidos totalmente propios da Gali. Se queres revisar artigos que proveñen dunha tradución, que non é automática se non que é asistida cun tradutor automático e revisada polo usuario, podes atopalos na categoría [[:Categoría:Wikipedia:Artigos traducidos doutras Wikipedias]]. Non están todos os que se fan, pero todos os que están aí si veñen de traducións. Moitas desas traducións fanse coa utilidade da ferramenta do Tradutor de artigoscontido (se non a coñeces e queres máis info sobre o trebello avisa e cóntoche algo máis, non me quero enlear :). Ah, outra cousa, as traducións automáticas sen revisión polo usuario non están permitidas na Gali e cando se detectan márcanse para que se amañen e se durante uns días non melloran, bórranse.
::E si, puxen as cursivas para que se entendera mellor que era o texto orixinal, pero agora estou a decatarme que se podería poñer a tradución e unha nota indicando o texto orixinal, creo que llo vou cambiar cando teña outro momento.
::Sobre arrefriador, que xa amañei, entendo que pode ser un termo correcto xa que se deriva do verbo, non sei por que non está no DRAG pero tamén é certo que non todos os termos se atopan aí, se pensas que pode haber un problema buscamos a forma de cambialo. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 16 de decembro de 2021 ás 10:59 (UTC)
:::Corrixo, na categoría que che dixen non están só os artigos traducidos coa ferramenta do tradutor de contido, están todos os artigos que son tradución doutra Wikipedia, independentemente das ferramentas que usen os usuarios ó crealos, non hai unha categoría específica para atopar artigos traducidos usando como axuda un tradutor automático. Para atopar artigos que foron creados co trebello do Tradutor de contido podes consultar [https://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Cambios_recentes?hidebots=1&hidecategorization=1&hideWikibase=1&tagfilter=contenttranslation&limit=500&days=30&enhanced=1&urlversion=2 os cambios recentes nesta ligazón] que che amosa os últimos 500 artigos creados dese xeito... Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 16 de decembro de 2021 ás 13:35 (UTC)
 
== Asina as mensaxes nas páxinas de conversa ==
100.129

edicións