Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Ourol»

::Acabo de ver: 1) no de "querida chusma" fixeche trampa :-) porque antes non figuraba en cursiva, e xa que logo, entendíase que era traducido. Se lle pos cursiva, claro, xa non admite tradución, pero aí quen mudou o que estaba posto realmente foches ti, ;-) {{Sen sinatura|Ourol|15 de decembro de 2021 ás 14:45}}
:::2) "arref(r)iador" non o atopo no dicionario RAG, logo non vexo o problema da corrección, pero se ti o ves non pasa nada {{Sen sinatura|Ourol|15 de decembro de 2021 ás 14:48}}
 
::Vale, un detalle, hai varios niveis de desrecomendacións, non é o mesmo que as universidades desrecomenden algo a que o faga a RAG, e os cambios que fixen en Chile ningún está desrecomendado pola RAG, todo o contrario, di literalmente que son sinónimos.. :)
::E todo o contrario, é moito mellor que se corrixa o que está incorrecto, onde vai parar, pero cun pouco de tino, iso si :)
::Interésame o tema do estudo dos traductores automáticos, se se publica nalgún sitio en aberto gustaríame botarlle unha ollada se é posible. E xa que me comentas iso tes que ter en conta que moitos dos artigos da wiki non son traducións automáticas, moitas son traducións feitas manualmente polos editores, e vanse facendo cada unha co nivel de galego propio de cada usuario, outros moitos son artigos con contidos totalmente propios da Gali. Se queres revisar artigos que proveñen dunha tradución, que non é automática se non que é asistida cun tradutor automático e revisada polo usuario, podes atopalos na categoría [[:Categoría:Wikipedia:Artigos traducidos doutras Wikipedias]]. Non están todos os que se fan, pero todos os que están aí si veñen de traducións. Moitas desas traducións fanse coa utilidade da ferramenta do Tradutor de artigos (se non a coñeces e queres máis info sobre o trebello avisa e cóntoche algo máis, non me quero enlear :). Ah, outra cousa, as traducións automáticas sen revisión polo usuario non están permitidas na Gali e cando se detectan márcanse para que se amañen e se durante uns días non melloran, bórranse.
::E si, puxen as cursivas para que se entendera mellor que era o texto orixinal, pero agora estou a decatarme que se podería poñer a tradución e unha nota indicando o texto orixinal, creo que llo vou cambiar cando teña outro momento.
::Sobre arrefriador, que xa amañei, entendo que pode ser un termo correcto xa que se deriva do verbo, non sei por que non está no DRAG pero tamén é certo que non todos os termos se atopan aí, se pensas que pode haber un problema buscamos a forma de cambialo. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 16 de decembro de 2021 ás 10:59 (UTC)
 
== Asina as mensaxes nas páxinas de conversa ==
100.129

edicións