Historia do Deportivo da Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xanetas (conversa | contribucións)
Xira
Liña 395:
O Dépor disputou o derradeiro partido en [[Vigo]], precisando un triunfo para manterse na categoría, ou un empate en caso de que o Tetuán non gañase. O partido xogouse o [[12 de xullo]] de [[1953]], día no que [[Helenio Herrera]] despregou as súas artimañas para descentrar a un rival tan necesitado como o Dépor. Os xogadores do Deportivo cambiáronse sen présa, mentres o Celta xa agardaba no céspede de Balaídos, pese ao frío orballo que caía. O árbitro fixo soar varias veces o timbre do vestiario, pero Helenio Herrera ordenou tapalo cun pano para que soase menos.<ref>{{Cita novas|data=23 de outubro de 2016|título=Helenio Herrera, en el derbi gallego más dramático|url=https://elpais.com/deportes/2016/10/23/actualidad/1477247682_861448.html|data-acceso=24 de novembro de 2021|lingua=es|xornal=[[El País]]|apelidos=Relaño|nome=Alfredo}}</ref> Finalmente o partido comezou con 20 minutos de atraso, e aos 19 minutos o Deportivo xa vencía por 0 a 2, tantos de Corcuera e Oswaldo. O Celta recurtou distancias á media hora, pero antes do descanso, [[Arsenio Iglesias|Arsenio]] logrou o 1 a 3 definitivo, que lle deu a permanencia ao Deportivo. Ao seu regreso á Coruña, Herrera foi levado a ombreiros polos afeccionados deportivistas.<ref>{{Cita novas|data=15 de xullo de 1953|título=Helenio Herrera afirma que nunca olvidará la colaboración de los jugadores|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=5}}</ref>
 
Na tempada [[Primeira división española 1953/54|1953–54]] o Deportivo contratou a [[Tomás Collado Herrero|Tomás]] e [[Pahiño]], e preto do ecuador da tempada debutou con 18 anos [[Luis Suárez Miramontes|Luis Suárez]], procedente da [[Deportivo da Coruña Xuvenil|Escola Scopelli]].<ref>{{Cita web |url=http://www.canaldeportivo.com/deportienda/deporsport/pagina/2008/10/29/32 |título=El Balón de Oro |data-acceso=11 de xaneiro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141030114136/http://www.canaldeportivo.com/deportienda/deporsport/pagina/2008/10/29/32 |dataarquivo=30 de outubro de 2014 |urlmorta=yes }}</ref> O Deportivo quedou sétimo, e xa antes do remate da tempada anunciouse a fichaxe polo FC Barcelona de Suárez e Moll. O Barça pagou 400.000 pesetas polo uruguaio e só 50.000 polo coruñés, que se convertería nos seguintes anos nun dos mellores xogadores do mundo, gañaría un [[Balón de Ouro]] e sería traspasado ao [[Inter de Milán]] por 25 millóns.<ref>{{Cita novas|data=17 de decembro de 2019|título=El Balón de Oro Luis Suárez revela quién y por qué lo echó del Deportivo|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/torremarathon/2019/12/09/balon-oro-luis-suarez-revela-echo-deportivo/00031575901029253243787.htm|data-acceso=24 de novembro de 2021|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]}}</ref> OEntre xuño e xullo de 1954 o equipo realizou unha [[Xira suramericana do Deportivo da Coruña de 1954|xira suramericana]] dun mes e medio de duración, que levou o equipo a disputar 7 partidos en tres países: [[Uruguai]], [[Arxentina]] e [[Brasil]]. No Uruguai o club galego viviu un feito insólito no fútbol, ao participar nunha competición oficial daquel país, o chamado Torneo de Campións Suramericanos Xuvenís, organizado pola [[Asociación Uruguaia de Fútbol]].<ref>{{Cita novas|data=6 de agosto de 2017|título=La Coruña jugó un torneo oficial uruguayo|url=https://www.ovaciondigital.com.uy/futbol/coruna-jugo-torneo-oficial-uruguayo.html|data-acceso=16 de decembro de 2021|lingua=es|xornal=Ovación Digital}}</ref><ref>{{Cita novas|data=9 de xaneiro de 2020|título=El bicampeonato de 1953-1954|url=http://www.padreydecano.com/cms/noticias/el-bicampeonato-de-1953-1954/|data-acceso=16 de decembro de 2021|lingua=es}}</ref>

De volta na Coruña, o Deportivo repetiu mesmo posto clasificatorio (7º) na tempada [[Primeira división española 1954/55|1954–55]], na que o equipo rematou invicto en [[Estadio de Riazor|Riazor]], con [[Eduardo Toba|Toba]] como técnico. [[Pedro Bazán|Bazán]] marcou o gol número 500 do club no partido contra o [[Athletic Club]] (1–1) do [[21 de novembro]] de [[1954]] e Pahiño rematou a competición como quinto máximo goleador con 18 tantos. A tempada [[Primeira división española 1955/56|1955–56]] comezou con [[Rodrigo García Vizoso|Rodrigo]] no banco e coa conquista do primeiro [[trofeo Teresa Herrera]] para o club, na súa primeira participación, ao derrotar por 2–1 ao Athletic Club con dous goles de Pahiño, no que a prensa da época definiu como un dos días máis memorábeis da historia do fútbol coruñés.<ref name=":1">{{Cita novas|data=2 de setembro de 1955|título=Con todos los honores, el Deportivo se adjudica el X Trofeo Teresa Herrera, al vencer al Atlético de Bilbao (2-1)|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1149788&posicion=4&presentacion=pagina|data-acceso=24 de novembro de 2021|lingua=es|xornal=[[La Noche]]|páxina=4|número=10755}}</ref> Dous meses despois conseguiu a primeira vitoria no [[Estadio Santiago Bernabéu|Santiago Berbabéu]] en Liga (1–2), de novo con dous tantos de Pahiño. Tamén se goleou ao Celta e á [[Real Sociedad]] (5–0 en ambos casos).
 
Rematou esta década de ouro coa tempada [[Primeira división española 1956/57|1956–57]] e co descenso a [[Segunda División Española|Segunda División]] como penúltimo clasificado. Foi a fin dunha etapa de 16 tempadas, 14 de elas co [[Deportivo de La Coruña|Deportivo]] en [[Primeira División Española|Primeira División]].