Xenebreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Iifar (conversa | contribucións)
better pic
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Usos e curiosidades: quito curiosidade q non ven a conto
 
Liña 40:
</gallery>
 
== Usos e curiosidades ==
O xenebreiro é frecuentemente utilizado na [[horticultura]] como [[planta ornamental]], xa que é demasiado pequeno para ser aproveitado como madeireiro. Porén, en [[Escandinavia]] a súa madeira emprégase na fabricación de caixas para [[produtos lácteos]], como a [[manteiga]], o [[queixo]] e tamén para facer [[Mango|cabos]] de [[Coitelo|coitelos]].
 
As súas bagas teñen propiedades [[adstrinxente]]s mais son demasiado agres para consumilas crúas, polo que se venden secas para preparar [[Salsa (gastronomía)|mollos]] e [[Recheo|recheos]] cos que adubar [[carne]]s. Adóitanse cascar antes de utilizalas para así liberar o aroma.
 
Tamén é frecuente usalas para aromatizar a [[xenebra (bebida)|xenebra]]. De feito, a denominación da propia árbore en [[Lingua francesa|francés]], ''genévrier'', foi a que deu lugar ó nome máis coñecido internacionalmente da bebida, ''gin'', a través dun [[apócope]] da palabra francesa pero pronunciada á inglesa (o nome [[Lingua inglesa|inglés]] da planta é ''juniper'', que en ningún modo soaría ''"gin"''). No entanto, o nome da famosa raíña [[Xenebra (raíña)|Xenebra]] (''Guenièvre'', en francés) da [[Materia de Bretaña|literatura artúrica]] non ten nada a ver co nome do xenebreiro nin da bebida.
 
== Véxase tamén ==