Torta de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 15:
==Historia==
[[Ficheiro:Caminotarta.jpg|miniatura|En [[Portomarín]] fanse as tortas de Santiago ''Ancano''.]]
Non se sabe nada sobre o consumo de améndoa en [[Galicia]] durante a [[Gastronomía da Idade Media|Idade Media]] pero sábese que a carestía deste alimento convertíao nun luxo reservado a poucos. A primeira noticia que se ten do uso deste "''biscoito de améndoa''", ó que hoxe coñecemos como torta de Santiago, procede de [[1577]] durante unha visita de Pedro de Porto Carrero á [[Universidade de Santiago]]<ref name = boe>[http://www.boe.es/boe/dias/2006/03/22/pdfs/A11254-11255.pdf Boe número 69. RESOLUCIÓN de 3 de marzo de 2006, de la Dirección General de Industria Agroalimentaria y Alimentación, por la que se da publicidad a la solicitud de registro de la Indicación Geográfica Protegida «Tarta de Santiago»] Páxinas: 11254 - 11255. {{es}}</ref> aínda que daquela era denominada "torta real" pero tiña a mesma proporción nos ingredientes. As primeiras receitas fiables proceden de apuntamentos de [[Luis Bartolomé de Leybar]] que datan de [[1838]] baixo a epígrafe de "''Tarta de Almendra''".
 
A orixe da Cruz de Santiago representada na súa superficie data de [[1924]], ano no que a [[Santiago de Compostela|compostelá]] «Casa Mora» comeza a adornar as tortas de améndoa coa que sería a súa silueta característica, acadando grande éxito en Galicia e no resto de [[España]].