Secretario (ave): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5933300 de Mark Gasoline (conversa) cincenta é sinónimo, non fai falta cambialo, a maiores a ligazón é incorrecta ó conto de fadas
Etiqueta: Desfacer
Elisardojm (conversa | contribucións)
Cincento
Liña 25:
O '''''Sagittarius serpentarius''''' é unha [[Aves|ave]] de [[falconiformes|rapina diúrna]], a única especie da familia '''Sagittariidae'''. O ''Sagittarius serpentarius'' habita en todas as rexións de [[África]] ao sur do [[Sáhara]], agás zonas de vexetación densa. O seu hábitat preferente é a [[sabana]], sendo tamén común en áreas semidesérticas ou con vexetación escasa.
 
O ''Sagittarius serpentarius'' é unha ave de grande porte, achegándose aos 1,5 m de altura e cerca de 2 metros de envergadura. As femias son lixeiramente menores que os machos, mais a especie non presenta un [[dimorfismo sexual]] significativo. A plumaxe é [[Cincento|cincenta]], coa cola, punta das ás e coxas negras. A cabeza é pequena, con faces alaranxadas, e termina nun [[peteiro]] curto e encurvado típico das aves de rapina. Na parte de traseira da cabeza presenta unha crista característica de plumas negras. As patas son moi longas e terminan en garras afiadas.
 
Vive habitualmente en parella, ás veces en grupos de 3 a 4 aves. Esta ave localízase sobre todo en terra, camiñando a cerca de 3 [[velocidade|km/h]], mais é unha excelente voadora que prefire planar nas correntes de ar ascendentes como os [[voitre]]s. A súa alimentación é sobre todo a base de [[serpe]]s, podendo tamén consumir [[roedor]]es e [[anfibio]]s. Mata as presas coas patas, menos frecuentemente adoita facelo co peteiro, que usa apenas para dominar animais de pequeno porte.