Aparato xustaglomerular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Engade 1 libro para verificar (20211212)) #IABot (v2.0.8.4) (GreenC bot
Liña 2:
O '''aparato xustaglomerular''' é unha estrutura renal que regula o funcionamento de cada [[nefrón]]. O seu nome débese á súa proximidade ao [[glomérulo]]: está localizado na zona de contacto entre a [[arteríola aferente]] que chega ao glomérulo polo polo vascular do corpúsculo renal, e o túbulo contornado distal do nefrón. Esta localización é fundamental para a súa función, xa que lle permite detectar tanto variacións na presión do sangue que chega ao glomérulo pola arteríola aferente, como a composición do filtrado final que sae do nefrón, antes de verterse no [[túbulo colector]]. En función das variacións detectadas, esta estrutura segregra a hormona [[renina]], fundamental para a regulación da [[homeostase]] corporal.
 
No aparato xustaglomerular distínguense tres tipos de células distintas: as [[célula xustaglomerular|células xustaglomerulares]] (o 6 no esquema), as células da [[mácula densa]] (o 7) e as [[célula mesanxial|células mesanxiais extraglomerulares]] (o 5b).<ref name="Kierszenbaum">{{cita libro | autor = Kierszenbaum A.L.|ligazónautor= |autor2= | editorial = Mosby Inc.| editor = | outros = | título = Histology and cell biology: an introduction to pathology | url = https://archive.org/details/histologycellbio0000kier_o5v8| edición = 2nd | data = | ano = 2007| mes = |lugar= | id = | isbn = 0-3230-4527-8 | páxinas = | capítulo = | URLcapítulo = | cita = }}</ref>
 
== Células do aparato xustaglomerular ==