Cometa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 5817498 de Lles (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Estudo das órbitas: clasificación
Liña 40:
 
O segundo cometa ao que se lle descubriu unha órbita periódica foi o cometa [[2P/Encke|Encke]], en 1821. Como o cometa Halley, tivo o nome de su calculador, o matemático e físico alemán [[Johann Encke]], que descubriu que era un cometa periódico. O cometa de Encke ten o período máis curto dun cometa, só 3,3 anos, e en consecuencia ten o maior número de aparicións rexistradas. Foi tamén o primeiro cometa cunha órbita influída por forzas que non eran do tipo gravitacional. Agora é un cometa moi tenue para ser observado a simple vista, aínda que puido ser un cometa brillante hai algúns milleiros de anos, antes de que a súa superficie de xeo se evaporase. Porén, non se sabe se foi observado antes de 1786, mais análises melloradas da súa órbita temperá suxiren que se corresponde con observacións mencionadas en fontes antigas.
 
Con posterioridade foron descubertos cometas con órbitas non só elípticas, senón tamén [[Hipérbole (xeometría)|hiperbólicas]], distinguindo entre cometas de período curto e período longo entre os de órbita elíptica, e os [[Exocometa|exocometas]] ou de órbita hiperbólica, non periódicos.
 
=== Estudo das súas características físicas ===