(3200) Faetón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
ligazóns e supresión de en uso
Agremon (conversa | contribucións)
corr.
Liña 1:
[[Ficheiro:PIA22185.gif|alt=Composición a partir de imaxes de radar do radioobservatorio de Arecibo.|miniatura|Composición a partir de imaxes de radar do radioobservatorio de Arecibo.]]'''(3200) Faetón''' ou '''(3200) Phaethon''', nomeado así de xeito internacional Pola [[Unión Astronómica Internacional|UAI (IAU)]] dende [[1985]], despois de ser chamado de xeito provisional '''1983 TB''', é un [[asteroide]] de tipo Apolo. No 2017, trátase do asteroide nomeado que ten a órbita que se aproxima máis ó [[Sol]] (aínda que existen moitos asteroides numerados pero non nomeados, cun perihelio menor, como (137924) 2000 BD<sub>19</sub>).<ref>{{Cita web|título=Small-Body Database Lookup|url=https://ssd.jpl.nasa.gov/tools/sbdb_lookup.html#/?sstr=3200;cad=1|páxina-web=ssd.jpl.nasa.gov|data-acceso=2021-12-11}}</ref> Por esta característica, foi chamado considerando o mito grego de [[Faetonte|Faetón]], fillo de Helios, deus do Sol. Ten 6 km de diámetro.<ref>{{Cita web|título=Small-Body Database Query|url=https://ssd.jpl.nasa.gov/tools/sbdb_query.html|páxina-web=ssd.jpl.nasa.gov|data-acceso=2021-12-11}}</ref> É o corpo celeste pai das [[Xemínidas]], a chuvia anual de [[Meteoro|meteoros]] de mediados de decembro. Cunha historia de observación de máis de trinta anos, a súa órbita está ben determinada, e a súa distancia á Terra ten unha precisión de ± 40 km.
[[Ficheiro:3200 Phaethon orbit dec 2017.png|alt=Órbita de Faetón arredor de decembro de 2017.|miniatura|Órbita de Faetón arredor de decembro de 2017.]]
Foi o primeiro asteroide descuberto por análise de imaxes dun [[satélite artificial]]. Os seus descubridores, Simon F. Green e John K. Davies fixeron a descuberta con imaxes do 11 de outubro de [[1983]], procurando obxectos en movemento nos datos do [[IRAS]] (Infrared Astronomical Satellite). O descubrimento foi anunciado de xeito oficial o 14 de outubro na IAUC 3878, e a confirmación óptica directa da existencia do obxecto foi feita por Charles T. Kowal, quen o clasificou como de apariencia asteroidal, sen actividade cometaria.