(3200) Faetón: Diferenzas entre revisións

asteroide
Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Tradución da versión francesa
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de decembro de 2021 ás 10:01

(3200) Faetón ou (3200) Phaethon, nominado así de xeito internacional dende 1985, despois de ser chamado de eito provisional 1983 TB, é un asteroide de tipo Apolo. No 2017, trátase do asteroide nomeado que ten a órbita que se aproxima máis ó Sol (aínda que existen moitos asteroides numerados pero non nomeados cun perihelio menor, como (137924) 2000 BD19). Por esta característica, foi chamado considerando o mito grego de Faetón, fillo de Helios, deus do Sol. Ten 6 km de diámetro. É o corpo celeste pai das Xemínidas, a chuvia anual de meteoros de mediados de decembro. Cunha historia de observación de máis de trinta anos, a súa órbita está ben determinada, e a súa distancia á Terr ten unha precisión de ± 40 km.

Foi o primeiro asteroide descuberto por análise de imaxes dun satélite espacial. Os seus descubridores, Simon F. Green e John K. Davies fixeron a descuberta con imaxes do 11 de outubro de 1983, procurando obxectos en movemento nos datos do IRAS (Infrared Astronomical Satellite). O descubrimento foi anunciado de xeito oficial o 14 de outubro na IAUC 3878, e a confirmación óptica directa da existencia do obxecto foi feita por Charles T. Kowal, quen o clasificou como de apariencia asteroidal, sen actividade cometaria.