Diferenzas entre revisións de «José Caeiro»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
{{En uso}}
'''José Valentín Caeiro Igós''', nado en [[Hondarribia]] o [[14 de febreiro]] de [[1925]] e finado en [[Ferrol]] o [[14 de xaneiro]] de [[1981]], foi un [[futbolista]] e [[Adestrador, adestradora|adestrador]] [[España|español]]. Como futbolista destacou principalmente no [[Racing Club de Ferrol|Racing de Ferrol]] e no [[Stade Rennais FC|Stade Rennais]], sendo o cuarto máximo goleador histórico de ámbolos dous clubs. Tamén rendiu a gran nivel na [[Real Sociedad de Fútbol|Real Sociedad]], mentrescoa que comomarcou 56 goles en 86 encontros. Como adestrador dirixiu a varios equipos, a maioría galegos, entre eles o propio Racing, o [[Club Deportivo Lugo|Lugo]], o [[Pontevedra Club de Fútbol|Pontevedra]] ou o [[Arosa Sociedad Cultural|Arousa]].
 
== Traxectoria ==
Nacido en [[Hondarribia]],<ref>{{Cita novas|data=21 de xullo de 1967|título=Caeiro, nuevo entrenador del Club Deportivo Lugo|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1282527&posicion=6&presentacion=pagina|data-acceso=5 de decembro de 2021|lingua=es|xornal=[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]|páxina=6}}</ref> xogou no [[Real Unión Club|Real Unión]] antes de fichar en [[1944]] polo [[Racing Club de Ferrol|Racing de Ferrol]], que militaba na [[Segunda división española de fútbol|Segunda División]]. Debutou co club departamental o 19 de xuño, nun partido da [[Copa Galicia de fútbol|Copa Galicia]] contra o [[Deportivo da Coruña]] no Inferniño. Marcou naquel partido dous dos cinco goles do seu equipo, que venceu por 5-3.<ref>{{Cita novas|data=20 de xuño de 1944|título=Un buen triunfo del Ferrol sobre el Deportivo|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1274673&posicion=3&presentacion=pagina|data-acceso=5 de decembro de 2021|xornal=[[El Correo Gallego]]|páxina=3|lingua=es|número=22553}}</ref>
 
Excelente goleador, en só catro tempadas en [[Ferrol]] marcou 7270 goles en liga e [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Xeneralísimo]], converténdose no máximo anotador da historia do club naquel momento. Destacou especialmente na tempada [[Segunda división española 1947/48|1947/48]], na que marcou 26 goles en 25 partidos de liga, sendo o terceiro máximo goleador da competición (só por detrás de [[José Serratusell|Serratusell]] e [[Pedro Bazán|Bazán]]), e seis en Copa. Durante esa tempada logrou ata en tres ocasións marcar catro goles nun mesmo partido, contra [[Valencia Club de Fútbol Mestalla|Valencia Mestalla]], [[Real Murcia Club de Fútbol|Real Murcia]] e [[Real Sporting de Gijón|Sporting de Gijón]], sendo o segundo deles contra o Murcia a maior goleada da historia do club (9-0).<ref>{{Cita novas|data=24 de febreiro de 1948|título=Aplastante victoria del Club Ferrol sobre el Murcia (9-0)|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1276960&posicion=4&presentacion=pagina|data-acceso=5 de decembro de 2021|lingua=es|páxina=4|xornal=[[El Correo Gallego]]|número=23673}}</ref>
 
En agosto de 1948 foi traspasado á [[Real Sociedad de Fútbol|Real Sociedad]] por 425.000 pesetas.<ref>{{Cita novas|data=22 de agosto de 1948|título=Ferrol deportivo|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1276490&posicion=2&presentacion=pagina|data-acceso=5 de decembro de 2021|lingua=es|número=23828|páxina=2|xornal=[[El Correo Gallego]]}}</ref> Na súa primeira campaña no club donostiarra marcou 23 goles, contribuíndo a que o equipo se proclamase campión e ascendese á [[Primeira división española de fútbol|Primeira División]]. Debutou na máxima categoría na primeira xornada da [[Primeira división española 1948/49|tempada 1948/49]] contra o [[Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona|Espanyol]] en [[Estadi de Sarrià|Sarrià]], marcando o gol que colocaba o empate no marcador preto do final do partido (2-2). Na novena xornada fixo o seu primeiro [[triplete]], na goleada por 7-0 contra o [[Real Oviedo|Oviedo]], e marcou un total de 13 goles en liga. Na seguinte tempada conseguiu 17 goles en liga, ademais de dous na Copa, incluído un nas semifinais contra o [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]]. Disputou ademais a final contra o [[Fútbol Club Barcelona|Barcelona]] en [[Estadio Santiago Bernabéu|Chamartín]], no que a vitoria foi para o equipo catalán
En 1951 asinou co [[Valencia Club de Fútbol|Valencia]], club no que militou un ano e no que non conseguiu ningún gol, lastrado polas lesións e pola competencia de [[Manuel Badenes|Badenes]].<ref>{{Cita web|url=http://www.ciberche.net/histoche/jugador?player=441|páxina-web=ciberche.net|título=Ficha de José Caeiro|data-acceso=5 de decembro de 2021|lingua=es}}</ref> Ao ano seguinte regresou á Segunda División, fichando polo [[Hércules de Alicante Club de Fútbol|Hércules]], onde recuperou os seus bos números goleadores, anotando 17 tantos na súa única tempada no club. A continuación marchou a Francia, convencido por [[Salvador Artigas]] para xogar no [[Stade Rennais FC|Stade Rennais]], na [[Ligue 2|segunda división francesa]].<ref name=":0">{{Cita web|url=https://www.stade-rennais-online.com/Jose-Caeiro.html|páxina-web=stade-rennais-online.com|título=José Caeiro|data-acceso=5 de decembro de 2021|lingua=fr}}</ref> Marcou 31 goles en cada unha das dúas primeiras tempadas, e 21 na terceira, na que o club conseguiu proclamarse campión da categoría e ascender á [[Ligue 1|máxima división]].<ref name=":0" /> Non puido repetir os bos números na súa cuarta e derradeira tempada no Rennais, pero os seus 83 goles colocárono naquel momento como o segundo máximo goleador da historia do club (na actualidade ocupa o cuarto lugar).<ref>{{Cita novas|título=Top 50 des buteurs|url=https://rougememoire.com/article/top-50-des-buteurs|data-acceso=5 de decembro de 2021|lingua=fr}}</ref> Rematou o seu paso polo fútbol francés cunha última tempada no AS Brestoise.<ref name=":0" />
 
A continuación regresou a Ferrol para disputar co Racing a tempada [[Segunda división española 1958/59|1958/59]] de Segunda División, onde sumou dous goles máis antes de retirarse.
 
== Palmarés ==
28.773

edicións