Agustín Rodríguez Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 61:
'''Agustín Rodríguez Santiago''', nado en [[Marín]] o [[10 de setembro]] de [[1959]], é un ex [[futbolista]] [[Galicia|galego]]. Xogaba de [[Posicións no fútbol|porteiro]] e pasou a maior parte da súa carreira no [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]], co que gañou seis [[Primeira división española de fútbol|ligas]], dúas [[Copa do Rei de fútbol|Copas do Rei]], dúas [[Supercopa de España de fútbol|Supercopas]] e dúas [[UEFA Europa League|Copas da UEFA]]. Na tempada [[Primeira división española 1982/83|1982/83]] gañou o [[trofeo Zamora]] como porteiro menos goleado da Primeira División. Xogous os seus últimos anos como profesional no [[Club Deportivo Tenerife|Tenerife]].
 
Foi internacional coas categorías inferiores da [[Selección de fútbol de España|selección española]] e participou nos [[Xogos Olímpicos de 1980]] en [[Moscova]]. É sobriño do tamén porteiro [[Carlos Santiago Pereira|Pereira]], que destacou entre outros no [[Pontevedra Club de Fútbol|Pontevedra]] e no [[Valencia Club de Fútbol|Valencia]].
 
== Traxectoria ==
Seguiu os pasos no fútbol de seu tío [[Carlos Santiago Pereira|Pereira]] e comezou a xogar de [[Porteiro, porteira|porteiro]].<ref name=":0">{{Cita novas|data=27 de agosto de 1982|título=Pereira: "Fichando por el Atlético pierdo dinero, pero gano en ilusión"|url=https://elpais.com/diario/1982/08/27/deportes/399247203_850215.html|data-acceso=5 de decembro de 2021|lingua=es|xornal=[[El País]]|apelidos=Martínez Roig|nome=Alex}}</ref> Formouse nas categorías inferiores do [[Real Madrid]] e pasou ao primeiro equipo na tempada 80-81, estreándose na primeira división o día [[4 de abril]] de [[1981]] contra a [[UD Salamanca]] por mor dunha lesión de [[Mariano García Remón]], o porteiro titular do equipo.
 
Entre [[1981]] e [[1983]] xogou con regularidade, conseguindo o [[trofeo Zamora]] na tempada 82-83 ao encaixar 25 goles en 29 partidos. A pesar dese bo comezo perdeu a titularidade ante a competencia de [[Miguel Anxo González Suárez|Miguel Ángel]], [[Ochotorena]] e [[Francisco Buyo]]. Volvería recuperar o posto de titular na segunda metade da tempada 85-86 debido á lesión de [[Ochotorena]], chegando a xogar dous partidos da [[Copa da UEFA]], un deles o da final contra o [[1. FC Köln]], no que o [[Real Madrid]] gañou 5-3.