Jacinto Campaña Martínez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo grallas
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo gralla
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Dono dun ultramarinos en Camariñas.<ref>''[[El Correo Gallego]]'', 8-12-1932, p. 1.</ref> Foi elixido vicesecretarío da Cofraría de pescadores de Camariñas en 1931.<ref>[https://www.adiantegalicia.es/reportaxes/2016/07/12/la-cofradia-de-camarinas-cumple-85-anos.html La cofradía de Camariñas cumple 85 años]</ref> Foi concelleiro de Camariñas na primeira corporación republicana. En setembro de 1933 foi detido, acusado de desobediencia.<ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', 26-9-1933, p. 9.</ref> Presidente do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, afecto á [[CNT]], dede 1932, e reelixido en xuño de 1936, foi correspondente de ''[[Solidaridad (A Coruña)|Solidaridad]]''. Logo do [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]], cando ía ser detido por un grupo de gardas e milicianos ao mando do tenente Santos, foi advertido polo seu compadre, o comandante do posto da Garda Civil Mariano Lera, fuxiu e estivo agochado durante meses nos montes do [[cabo Vilán]]. Fuxiu por mar a [[Asturias]] nunha dorna a vela en outubro de 1937. Chegou a [[Luarca]] pensando que aínda estaba en mans do goberno republicano, pero xa fora ocupada polas tropas rebeldes. Detido por milicianos falanxistas, puxérono cabeza abajo nun bidón cheo de auga e dispararon as sussúas metralletas sobre o tonel. Foi soterrado nunha fosa común. Procesado posteriormente polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas, foi condenado o 21 de xuño de 1941 a 5 anos de inhabilitación especial para o desempeño de cargos ou empregos do Estado, Provincia e Municipio, públicos de mando, confianza e directivos e ao pago de 150 pesetas. Posteriormente os seus restos foron trasladados ao [[Valle de los Caídos]].
 
== Vida persoal ==
 
Casou con Luzdivina Leis Rey e tivo dous fillos. Cando enviuvou, Luzdivina víuse obrigada a vivir de donativos e esmola.
 
== Notas ==
 
{{Listaref|02}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* {{Nomes Voces|4941}}
* [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/camarinas/2021/12/04/tragica-absurda-muerte-jacinto-campana/0003_202112C4C6991.htm La trágica y absurda muerte de Jacinto Campaña]
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Campanna Martinez, Jacinto}}
[[Categoría:Sindicalistas da CNT]]