Diferenzas entre revisións de «Santiago Sanz Méndez»

sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
{{En uso}}
{{Futbolista
|nome_xogador = Quecho
|nome_completo = Santiago Sanz Méndez
|altura = 1,70 m.
|posición = [[Centrocampista]] e [[dianteiro]]
|club_actual =
|club_número =
|goals5 = 64
}}
'''Santiago Sanz Méndez''', máis coñecido como '''Quecho''', nado en [[Vigo]] o [[1 de marzo]] de [[1962]], é un [[Futbolista|exfutbolista]] [[Pobo galego|galego]], que xogaba de [[centrocampista]] e [[dianteiro]]. Fillo do futbolista e adestrador do [[Real Club Celta de Vigo|Celta de Vigo]], [[Santiago Sanz Fraile|Yayo]], formouse no equipo celeste, co qeque conseguiu un ascenso a [[Primeira división española de fútbol|Primeira División]] na tempada [[Segunda división española 1981/82|1981/82]], pero destacou especialmente no [[Club Deportivo Ourense|Ourense]], sendo un dos xogadores máis importantes da historia do desaparecido club.
 
== Traxectoria ==
Formouse na canteira do [[Real Club Celta de Vigo|Celta de Vigo]], pasando a xogar co [[Gran Peña Fútbol Club|Gran Peña]] na campaña 1980/81.<ref>{{Cita novas|data=9 de setembro de 1978|título=Celta - Pabellón|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1265517&posicion=19&presentacion=pagina|data-acceso=4 de decembro de 2021|lingua=es|número=20426|xornal=[[El Pueblo Gallego]]|páxina=19}}</ref><ref>{{Cita novas|data=29 de agosto de 1980|título=Ayer en Balaídos Gran Peña - Alondras|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=48}}</ref> Na tempada seguinte debutou co primeiro equipo na [[Segunda división española de fútbol|Segunda División]], nun partido contra o [[Real Murcia Club de Fútbol|Real Murcia]] na [[Estadio de La Condomina|Condomina]].<ref>{{Cita web|url=https://www.bdfutbol.com/es/p/p.php?id=101224|páxina-web=[[BDFutbol]]|título=Murcia - Celta 04/10/1981|data-acceso=4 de decembro de 2021|lingua=es}}</ref> Disputou 17 partidos esa tempada, na que o equipo adestrado por [[Milorad Pavić]] logrou o ascenso á [[Primeira división española de fútbol|Primeira División]], e contribuíu con un gol contra o [[Levante Unión Deportiva|Levante]]. Na 1982/83 debutou na Primeira División, xogando 22 partidos, pero volvendo descender ao remate da competición. Continuou un ano máis no club vigués, pero sen poder xogar debido a unha grave lesión de xeonllo.<ref>{{Cita novas|data=2 de agosto de 1984|título=Quecho, dispuesto a triunfar|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=39}}</ref>
 
Na tempada 1984/85 fichou polo [[Club Deportivo Ourense|Ourense]], co que logrou ese ano o ascenso á [[Segunda división B española de fútbol|Segunda División B]]. Tras unha segunda campaña co equipo, fichou en 1986 polo [[Club Deportivo Arenteiro|Arenteiro]], co que tamén conseguiu o ascenso á Segunda B na súa primeira tempada. Ao ano seguinte marcou 14 goles co club do [[O Carballiño|Carballiño]], sendo un dos máximos goleadores do seu grupo, e ao remate da tempada regresou ao Ourense.
[[Categoría:Nados en 1962]]
[[Categoría:Centrocampistas de fútbol]]
[[Categoría:Dianteiros de fútbol]]
[[Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra]]
[[Categoría:Xogadores do Gran Peña]]
24.179

edicións