Secuenciación do ADN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 7 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''secuenciación do ADN''' é o proceso de determinar a orde precisa de [[nucleótido]]s dunha molécula de [[ADN]]. Para facer a secuenciación aplícanse diversos métodos e tecnoloxías que permiten determinar a orde das catro [[base nitroxenada|bases]] ([[adenina]], [[guanina]], [[citosina]], e [[timina]]) que forman as cadeas do ADN. A aparición de métodos rápidos de secuenciación acelerou moito as investigacións e descubrimentos médicos e biolóxicos.
 
O coñecemento das secuencias de ADN fíxose indispensable para unha investigación biolóxica básica, e en numerosos campos aplicados como o diagnóstico, [[biotecnoloxía]], [[bioloxía forense]], e [[sistemática]] biolóxica. As rápidas velocidades de secuenciación acadadas coas modernas tecnoloxías de secuenciación do ADN foron fundamentais para a secuenciación de [[secuencia de ADN|secuencias de ADN]] completas, ou mesmo [[xenoma]]s completos de numerosas especies vivas, incluíndo o [[xenoma humano]] e outros xenomas de animais, plantas e microorganismos.