Efecto barba verde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «london»
Engade 1 libro para verificar (20211202sim)) #IABot (v2.0.8.2) (GreenC bot
Liña 8:
* o tratamento preferente dos individuos con ese trazo.
 
O portador do xene (ou un alelo específico) ten esencialmente a capacidade de recoñecer copias do mesmo xene (ou un alelo específico) noutros individuos. Mentres que a [[selección de parentesco]] implica o altruísmo con individuos relacionados que comparten xenes dun modo non específico, os alelos barba verde promoven o altruísmo cara a individuos que comparten un xene que é expresado por medio dun trazo fenotípico específico. Algúns autores tamén indican que os efectos barba verde poden incluír o rexeitamento dos individuos que carecen do xene barba verde.<ref>{{Cita publicación periódica| title=Altruism, Spite, and Greenbeards| author1=West, Stuart A.| author2=Gardner, Andy| journal=Science| volume=327| year=2010| pages=1341–1344| url=http://www.zoo.ox.ac.uk/group/west/pdf/West&Gardner_10.pdf| apelidos=| data=| revista=| data-acceso=23 de agosto de 2018| urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170331073133/http://www.zoo.ox.ac.uk/group/west/pdf/West%26Gardner_10.pdf| dataarquivo=31 de marzo de 2017| urlmorta=yes}}</ref> Isto pode ter o efecto de delimitar un conxunto de organismos dentro dunha poboación que se caracteriza porque os seus membros mostran un gran comportamento cooperativo entre eles, formando así un grupiño ou "irmandade" que pode ser vantaxoso para os seus membros que non necesariamente teñen que ser parentes.<ref>{{Cita publicación periódica|author1=Gardner, Andy|author2=West, Stuart A.|year=2010| volume=64| issue=1|doi=10.1111/j.1558-5646.2009.00842.x| pages=25–38| title=Greenbeards|url=https://archive.org/details/sim_evolution_2010-01_64_1/page/25| journal=Evolution}}</ref>
 
O efecto barba verde podería incrementar o altruísmo nos fenotipos barba verde e, por tanto, a súa presenza na poboación, mesmo se os xenes axudan ao incremento de xenes que non son copias exactas; todo o que cómpre para o efecto barba verde é que expresen as tres características requiridas. Os alelos barba verde son vulnerables a [[mutación]]s que producen o trazo perceptible pero sen o comportamento colaborador.