Carmen Orozco Muñoz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo erro na bibliografía
Sen resumo de edición
 
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Mestra, afiliada á FETE de Valencia. Militante do [[Partido Comunista de España]] dende 1937, foi secretaria de axitación e propaganda do partido. Ao remate da guerra ingresou na Prisión Nueva de Mujeres de Santa Clara o 22 de agosto de 1939. O 14 de decembro foi conducida pola [[Garda Civil]] á sala de maternidade do Hospital Provincial para dar a luz. Saíu en liberdade condicional o 12 de xullo de 1940. Fuxiu a [[Madrid]], onde entrou en contacto co PCE. Colaborou con [[José Bartrina Villanueva]] na impresión e difusión de propaganda clandestina. Trasladouse con el a Galicia por mandato do partido en setembro de 1947. Membro

Participou dono [[Exército Guerrilleiro de Galicia]], dedicándose a tarefas de propaganda clandestina con José Bartrina. Foi detida en xullo de 1948. Encartada na causa 370/48, foi xulgada na [[A Coruña|Coruña]] o 18 de outubro con [[José Gómez Gayoso]], [[Antonio Seoane|Antonio Seoane Sánchez]], José Bartrina Villanueva, [[Juan José Romero Ramos]], [[José Rodríguez Santos]], [[Juan Martínez Montero]], [[María Blázquez del Pozo]], [[Clementina Gallego Abeledo]] e [[Josefina González Cudeiro]].<ref>''La Voz de Galicia'', 19-10-1948, p. 2.</ref> Foi condenada a trinta anos de prisión.<ref>"Sentencia cumplida", ''La Voz de Galicia'', 7-11-1948, p. 2.</ref> Pasou polos cárceres da Coruña, [[Segovia]], [[Valencia]], de novo Segovia e finalmente [[Alcalá de Henares]]. Foi novamente xulgada en consello de guerra en Valencia o 19 de outubro de 1950 pola causa 13811/39 por auxilio á rebelión, o proceso xudicial pendente.

O 9 de outubro de 1960 obtivo a liberdade condicional pola aplicación de dous [[Indulto|indultos]]. Fixou a súa residencia en Valencia.
 
== Notas ==