Diferenzas entre revisións de «República Autónoma do Epiro do Norte»

m
sen resumo de edición
m
 
A '''República Autónoma do Epiro do Norte''' (en {{lang-el|Αὐτόνομος Δημοκρατία τῆς Βορείου Ἠπείρου}}; ''Aftónomos Dimokratía tis Voreíou Ipeírou'') foi unha entidade política autogobernada de curta duración. Foi fundada a raíz das [[guerras dos Balcáns]] o [[28 de febreiro]] de [[1914]] polos [[Pobo grego|gregos]] que vivían no sur de [[Albania]].
 
A área, coñecida como [[Epiro do Norte]] (en {{lang-el|Βόρειος Ήπειρος}}) polos gregos e cunha substancial poboación grega, foi conquistada polo [[Exército de Grecia|exército grego]] ao [[Imperio Otomán]] durante a [[primeira guerra balcánica]] (1912–1913). Porén, o [[Tratado de Londres (1913)|Protocolo de Florencia]] asigou ese territorio ao [[Albania|estado albanés]] acabado de crear. Esta decisión foi rexeitada polos gregos locais, e cando o exército grego se retirou á nova fronteira, estabeleceuse un goberno autónomo en [[Gjirokastër|Argyrokastron]] (en grego: Αργυρόκαστρον, hoxe Gjirokastër), baixo o liderado de [[Georgios Christakis-Zografos]], un distinguido grego local e exministro de Relacións Exteriores, e co apoio tácito de [[Grecia]].<ref name=Boeckh114>Boeckh 1996: 114</ref>
 
En maio, as [[Potencia mundial|grandes potencias]] confirmaron a autonomía co [[Protocolo de Corfú]]. O acordo aseguraba que a rexión tería a súa propia administración, recoñecía os dereitos da poboación local e prevía o autogoberno baixo a soberanía nominal albanesa. Porén, nunca se implementou porque en agosto o goberno albanés colapsou. O exército grego volveu ocupar a área en outubro de 1914 despois de estoupar a [[primeira guerra mundial]]. Planeouse que o Epiro do Norte sería cedido a Grecia despois da guerra, mais a retirada do apoio italiano e a derrota de Grecia na Campaña de Asia Menor deron como resultado a cesión a Albania en novembro de 1921.<ref name=Miller543>Miller 1966: 543–44</ref>
26.055

edicións