Océano Atlántico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 77.27.215.253 (conversa); cambiado á última versión feita por InternetArchiveBot
Etiqueta: Reversión
Ourol (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 61:
O fondo oceánico presenta unha disposición regular: a plataforma continental, ampla ao longo das costas da [[Europa]], da [[América do Norte]] e da porción meridional da [[América do Sur]], estreitase nas costas da [[África]] e do [[Brasil]]; unha enorme cadea de montañas submarinas, a [[dorsal mesoatlántica]], esténdese ao longo do océano; entre ela e os continentes ábrense unha serie de cuncas de 6.000 a 7.000 m de profundidade (cuncas americana, brasileira e arxentina, a oeste; cuncas escandinava, da Europa Occidental, da Guinea, de Angola e do Cabo, a leste). A crista dorsal é sucada en toda a súa extensión por unha gran fosa tectónica (''[[rift]]''), que secciona no sentido lonxitudinal. Área de constante inestabilidade xeolóxica, provocada pola continua emisión de material ígneo, é obxecto de estudos xeolóxicos que analizan os procesos de formación e evolución das placas tectonicas, ou sexa, da [[codia terrestre]]. A crista da dorsal mesoatlántica situase xeralmente entre -3.000 e -1.500 m, mais emerxe nalgúns puntos, formando illas: [[Jan Mayen]], [[Islandia]], [[Azores]], [[Illa de Ascensión|Ascensión]], [[illa de Tristán da Cuña|Tristán da Cuña]]. Nas latitudes ecuatoriais, a dorsal é cortada por fallas transversais que determinan fosas abisais (fosa da Romanche. -7.758 m). Nas outras porcións do Atlántico as fosas son raras: situanse nas [[Antillas]] ([[Caimáns]] e [[Porto Rico]] - a máis profunda con -9.218 m) e nas [[Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur|illas Sandwich do Sur]] (-8.264 m)
 
Na fachada occidental, grandes cuncas hidrográficas botan unha considerable cantidade de sedimentos sobre a plataforma continental, definindo conos aluvionais, como os dos ríos [[Río San Lourenzo|San Lourenzo]] e [[Río Mississippi|Mississippi]], no Atlántico Norte, e o do [[Río Amazonas|Amazonas]], na faixa ecuatorial. As augas do Atlántico son as máis salgadas de todos os océanos (37,5 por mil de salinidade media) e animadas por correntes que aseguran unha intensa circulación entre as augas frías das altas latitudes e as augas quentes ecuatoriais. As correntes frías do [[Mar do Labrador|Labrador]] e das Falkland descenden ao longo das costas setentrionais e meridionais, respectivamente, de [[América]]. De [[Benguela]] percorre a costa suroccidental africana, en dirección ao Ecuador. Son compensadas polas correntes quentes do [[Brasil]] e Ecuatorial Atlántica, nos seus ramos N e S, pola corrente do Golfo, que ten grande influencia sobre os climas da [[Europa]] noroccidental, tornándoos menos rigorosos. Esa circulación das augas favorece a súa oxixenación e a proliferación de plancto, definindo importantes zonas pesqueiras, como as costas do [[Brasil]] meridional, a fachada norteamericana en torno da Terra Nova, as costas da [[Escandinavia]] e de [[Islandia]], alén da [[África]] meridional. As plataformas continentais encerran, ás veces, xacementos petrolíferos ([[mar do Norte]], costas de [[Venezuela]] e do [[Brasil]], [[golfo da Guinea]]). Ladeado no hemisferio Norte polas dúas áreas máis industrializadas do globo (NE dos [[Estados Unidos de América|EUA]] e [[Europa]] Occidental), o Atlántico Norte presenta o máis intenso tráfego marítimo e aéreo transoceánico do mundo.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Atlantic bathymetry.jpg|miniatura|240px|[[Batimetría]] atlántica.]]
Os antigos, que chamaban ao Atlántico ''mar Tenebroso'' ou ''mar Océano'', coñecían só as costas situadas entre o norte das illas Británicas e as Canarias. Do século VIII ao XI, os normandos frecuentaron as praias de [[Noruega]], [[Islandia]], [[Groenlandia]], [[Spitsberg]] e [[Nova Escocia]], no actual [[Canadá]]. Ata o final da [[Idade Media]], só se facían navegacións costeiras, indo ata o [[Cabo Boxador]] (ao que chegaron os navegadores portugueses en [[1434]]). No [[século XV]] os portugueses intensificaron a exploración da costa da [[África]] e, ao mesmo tempo, desenvolveron técnicas de navegación que permitiron viaxes por alto mar. A navegación por latitudes (determinadas pola observación da altura da estrela Polar ou do Sol ao mediodía, técnica desenvolvida por volta de [[1485]]) foi facilitada polo uso de instrumentos como o [[Compás (navegación)|compás]] e mailo [[astrolabio]]. Outro factor decisivo foi o estudo do réxime dos ventos no Atlántico: en [[1439]], as informacións existentes xa permitían unha navegación asidua e segura. Esas técnicas, aliadas aos novos navíos desenvolvidos polos portugueses (as carabelas, de maior porte, calado máis alto e común sistema de velas que permitía o aproveitamento dos ventos, mesmo enno sentido contrario) permitirían o recoñecemento da costa da [[África]] e as primeiras incursións en alto mar; hai aínda informacións de que no [[século XV]] os portugueses terían explorado tamén o Atlántico Norte, xuntando coñecementos que máis tardeposteriormente facilitaron a viaxe de [[Cristovo Colón]] na primeira travesía documentada do Océano.
 
Co desenvolvemento técnico obtido, as viaxes portuguesas tornáronse máis ousadas e frecuentes a través do Atlántico, de tal forma que ata [[1488]] toda a costa oeste da [[África]] estaba explorada, recoñecida e, nos primeiros 20 anos do [[século XVI]], toda a costa atlántica do continente americano (atopado no [[1492]] por Colón) fora visitada por navegadores portugueses, españois ou italianos ao servizo de [[España]]. Os reis de [[Portugal]] procuraron, desde o inicio, garantir as descobertas dos seus navegadores e desde [[1443]], varias leis reivindicaron o dereito de navegación exclusiva nos mares recoñecidos polas súas naus. En 1454, o papa Nicolao V ratificou a pretensión dos portugueses, reservándolles o dereito exclusivo de navegación e comercio. En 1474, Afonso V mandou que aqueles que violasen esas determinacións fosen mortos e os seus bens confiscados pola coroa. O Tratado de paz de Toledo, entre [[España]] e [[Portugal]], ratificou eses dereitos, que foron reafirmados nas ordenacións Manuelinas (1514). Ata 1580, houbo pouca contestación internacional a esas pretensións, excepto pequenos conflitos diplomáticos causados pola acción de corsarios protexidos polos reis de [[Francia]] e [[Gran Bretaña]]. Despois de [[1580]], con todo, a contestación creceu, envolvendo tamén os holandeses en guerra con [[España]] pola súa independencia. Eles estenderon as accións bélicas contra [[Portugal]], despois da unión das dúas Coroas e pasaron á liberdade dos mares; na tregua asinada con Filipe III (de [[España]] e [[Portugal]]), obtiveron o dereito de navegar por eses mares, aínda que baixo licenza do rei de [[España]]. Ese tratado marcou o principio da liberdade dos mares. A partir do [[século XVII]], comezou a exploración hidrográfica do Atlántico, efectuada de inicio polos holandeses, despois polos ingleses e franceses ([[século XVIII]]). No [[século XIX]] organizáronse numerosos cruceiros oceanográficos que permitiron a elaboración dunha detallada carta batimétrica do Atlántico.