Carral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
movo ref para un sitio mellor
Sen resumo de edición
Liña 42:
 
{{Outros homónimos|Carral (homónimos)}}
'''Carral''' é un concello da [[provincia da Coruña]], pertencente á [[comarca da Coruña|comarca homónima]]. Segundo o [[IGE]] a súa poboación en [[2014]] era de 6.118 habitantes <small>(5.770 no [[2009]], 5.647 no [[2007]], 5.579 no [[2006]], 5.527 no [[2005]], 5.453 no [[2004]])</small>. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|carralés}}<ref name = "HCostas">{{Versaleta|[[Xosé-Henrique Costas González|Costas González, X.-H.]]}} (2016): ''Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega'', páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7</ref>.
 
== Xeografía ==
Liña 75:
Hai restos prehistóricos desde a época do paleolítico, como dolmens, medoñas e mámoas no monte Xalo e en Paleo, zonas onde tamén se atoparon machados, puntas de frecha, elementos de cociña ou muíños. Hai restos [[castro (poboado)|castrexos]] en [[Paleo, Carral|Paleo]], [[Paiolante, Quembre, Carral|Paiolante]], [[Gosende, Tabeaio, Carral|Gosende]], [[Balbén, Vigo, Carral|Balbén]], [[Ameás, Vigo, Carral|Ameás]], [[Herves, Beira, Carral|Herves]] e a Eira dos Mouros.
 
Na Idade Media o terreo estaba baixo a xurisdición do [[Conde de Altamira]]. Carral era lugar de paso dos peregrinos que percorrían o [[Camiño Inglés|camiño inglés]], vía que contaba con tres variantes. Unha delas ía paralela á actual estrada [[N-550]]. As outras dúas transcorría polas beiras do río Barcés.
 
[[Fernando III de Castela|Fernando III]] concedeu ao pobo de Carral o título de "Moi Leal" como recoñecemento á afouteza con que o [[29 de novembro]] de [[1227]] se defendeu o [[castelo de Baeza]] fronte ao asedio musulmán. O propio rei III concedeu o privilexio de colocar no escudo unha bordadura de goles con oito aspas de ouro, unha por cada parroquia, en conmemoración daquela fazaña. Despois os [[Reis Católicos]], en [[1497]], concederon á vila de Carral a Carta de Puebla Real, quedando libre do señorío de Santiago e podendo colocar no seu escudo a coroa real.
 
=== Revolución de 1846 ===
En abril de [[1846]], tralo [[Revolución de 1846|levantamento]] contra o presidente do goberno español [[Ramón María Narváez y Campos|Narváez]], [[Miguel Solís]], Coronel do Estado Maior da Capitanía Xeneral de Galicia proclamou unha Xunta de Goberno de Galicia en contra do goberno de [[Isabel II de España|Isabel II]]. O 23 de abril Solís foi capturado, sendo previsto que fosen xulgados na Coruña. Porén, el e os seus homes foron fusilados tras un falso xuízo en Carral o día 26.
 
A [[Liga Gallega (A Coruña)|Liga Galega da Coruña]] toma a iniciativa de levantar un monumento en memoria dos [[Mártires de Carral]], colocándose a primeira pedra o 23 de abril de 1899, inaugurándose o monumento o [[22 de maio]] de [[1904]] co lema "Aos mártires da liberdade mortos o 26 de abril de 1846. Liga Gallega na Cruña" e cunha placa cos nomes dos oficiais executados.
 
== Cultura ==