Doazón de Constantino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
mSen resumo de edición
 
Liña 1:
{{Sen referencias}}
[[Ficheiro:Sylvester I and Constantine.jpg|miniatura|dereita|300px| Un fresco do século XIII. O [[Papa]] [[Silvestre I, papa|Silvestre I]] e [[Constantino I o Grande|Constantino I]]]]
A '''doazón de Constantino''' ([[lingua latina|latín]]: ''Donatio Constantini'') éfoi un [[decreto]] imperial apócrifo atribuído a [[Constantino I o Grande|Constantino I]] segundo o cal, ao tempo que se recoñecía ao [[Papa]] [[Silvestre I, papa|Silvestre I]] como soberano, se lle doaba a cidade de [[Roma]], así como as provincias de [[Italia]] e todo o resto do [[Imperio Romano]] de [[Occidente]]. A autenticidade do documento foi posta en dúbida xa durante a [[Idade Media]]. Pero foi o [[Humanismo (filosofía)|humanista]] [[Lorenzo Valla]] quen en [[1440]] puido demostrar definitivamente que se trataba dunha fraude da curia romana: a través da análise lingüística do texto demostrou que non podía estar datado arredor do ano 300.
 
== Introdución ==
O longo proceso de achegamento entre o pontificado e o reino [[francos|franco]] que comeza no pontificado do Papa [[Gregorio I, papa|Gregorio Magno]] (590-604), acada un dos seus puntos culminantes na unción real coa que o Papa [[Estevo III, papa|Estevo III]] <ref>Hai dúbidas sobre a numeración deste papa, pois existiu un papa Estevo de efémero reinado que debería levar o número II, pero hai cómputos de papas que non o teñen en conta, polo que Estevo III pode aparecer como Estevo II</ref> constituíu ao mordomo palatino [[Pipino o Breve]] como rei dos francos e ''patricius romanorum'', dando por extinguida a dinastía [[Dinastía Merovinxia|merovinxia]] ([[752]]). Deste modo o Papa se arrogaba a capacidade de traspasar a dignidade real dunha dinastía a outra e ao tempo, como contrapartida, concedía ao rei dos francos a capacidade de intervir nos asuntos italianos. De feito, Pipino cruzou os [[Alpes]] en dúas ocasións para reconquistar vastas rexións da península italiana de mans dos [[longobardos]] e doounas a [[Simón Pedro, papa|san Pedro]], o Príncipe dos Apóstolos; deste modo constituíronse en pleno século VIII os estados da Igrexa, e o Papa quedou convertido nun monarca temporal.{{Cómpre referencia}}
 
Cando se fixo necesario xustificar semellante innovación xurídica (''de facto,'' os pontífices exercían xa unha non ben determinada xurisdición gobernativa desde as invasións bárbaras) recorreuse ao vello método medieval de "inventar" un documento que retrotraese no tempo a situación que se daba no presente. Este foi o nacemento do documento que pasou á historia como a ''Donatio Constantini'' (ss. VIII-IX).{{Cómpre referencia}}
 
== Nota ==