Henry Miller: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
Liña 13:
 
=== Censura ===
Miller proseguiu a súa batalla persoal contra o puritanismo intentando liberar, desde un punto de vista moral, social e legal, os tabús sexuais existentes na literatura americana. Continuou escribindo novelas, todas censuradas nos Estados Unidos por obscenas. Publicou ''Black Spring'' (1936), e ''Tropic of Capricorn'' (1939), que conseguiron difusión nos EE.UUEUA malia teren que ser vendidos subrepticiamente, o que contribúe a forxar a súa reputación de escritor [[underground]].
 
Regresa ós Estados Unidos en 1940 e instálase no Big Sur (California), onde continúa producindo unha literatura puxante, colorista e socialmente crítica. Escribe ''The Colossus of Maroussi'' (1941), que versa sobre unha viaxe a [[Grecia]], país que visitou invitado por [[Lawrence Durrell]]. O libro máis que unha guía ó uso é un monumento lírico á sensualidade mediterránea, unha crítica brillante ó modo de vida americano e unha alegación pola paz. Seguíronlle ''The Air-Conditioned Nightmare'' (1945), a triloxía ''The Rosy Crucifixion'', composta por ''Sexus'' (1949), ''Plexus'' (1953), e ''Nexus'' (1960). Escribiu ''Big Sur and the Oranges of Hieronymus Bosch'' en 1957.