Rachel Mary Parsons: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Rachel Mary Parsons era filla de [[Charles Algernon Parsons]] e [[Katharine Parsons]]. <ref name="ODBN-Charles Parsons">{{Cita web|url=http://www.oxforddnb.com/view/article/35396?docPos=12|título=Parsons, Sir Charles Algernon|data-acceso=30 xaneiro 2015|apelidos=McConnell|nome=Anita|editorial=Oxford Dictionary of National Biography}}</ref> O seu irmán, Algernon George foi asasinado o 28 de abril de 1918 cando era comandante da Royal Field Artillery. <ref name="racpar website">{{Cita web|url=http://www.rachelparsons.co.uk/?page=life|título=Rachel Parsons 1885–1956, woman engineer|data-acceso=30 January 2015|apelidos=Raphael|nome=E. L.}}</ref> O seu interese e aptitude pola enxeñaría e a ciencia foron fomentados dende pequenos pola tradición da enxeñería da súa familia, incluíndo a súa avoa Mary Rosse e o seu avó William Parsons. A familia viviu en Tyneside (Elvaston Hall, Ryton e Holeyn Hall, Wylam) e máis tarde en Northumberland (Ray Demesne, Kirkwhelpington). <ref name="racpar website" />
 
Estudou en Newcastle High, Wycombe Abbey, Clarence House e finalmente en Roedean de 1900 a 1903. <ref name="blue">{{Cita web|url=http://blue-stocking.org.uk/2014/05/23/what-was-a-girl-to-do-rachel-parsons-1885-1956-engineer-and-feminist-campaigner/|título=What was a girl to do? Rachel Parsons (1885–1956): engineer and feminist campaigner|data-acceso=30 xaneiro 2015|editorial=blue-stocking}}</ref> En 1910 ingresou no Newnham College da [[Universidade de Cambridge]] e foi unha das tres primeiras mulleres en estudar Ciencias Mecánicas alí aínda que, como todas as mulleres ata 1948, non puido obter un título nin converterse en membro de pleno dereito da Universidade. Porén, puido engadir coñecementos teóricos ás habilidades prácticas que xa conseguira na fábrica do seu pai. Marchou en 1912 despois de ter feito o exame preliminar para a Parte I dos exames de graduación e un exame de cualificación en Ciencias Mecánicas en 1911. <ref name="racpar website">{{Cita web|url=http://www.rachelparsons.co.uk/?page=life|título=Rachel Parsons 1885–1956, woman engineer|data-acceso=30 January 2015|apelidos=Raphael|nome=E. L.}}</ref>
 
Cando estalou a [[Primeira Guerra Mundial]], substituíu ao seu irmán como director da CA Parsons and Company's Heaton Works en Newcastle upon Tyne. En particular, supervisou o recrutamento e a formación de mulleres para substituír aos homes que marcharon para incorporarse ás forzas armadas. Ela converteuse nunha destacada membro do Consello Nacional da Muller e fixo campaña pola igualdade de acceso de todos ás escolas técnicas e universidades, independentemente do sexo. <ref name="blue" />