María Luz Pintos Peñaranda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Información tomada da bibliografía
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
 
{{Biografía}} {{control de autoridades}}
Liña 1:
{{Biografía}}
María de la Luz Pintos Peñaranda ([[Santiago de Compostela]], 17 de maio de 1956) é unha filósofa galega profesora na [[Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela|Facultade de Filosofía]] da [[Universidade de Santiago de Compostela]].
 
María de la Luz Pintos Peñaranda ([[Santiago de Compostela]], 17 de maio de 1956) é unha filósofa galega profesora na [[Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela|Facultade de Filosofía]] da [[Universidade de Santiago de Compostela]].
1. ==BIOGRAFÍA ==
 
Nada o 17 de maio de 1956 en Santiago de Compostela, Mª Luz Pintos Peñaranda licenciouse na Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación na primeira promoción da licenciatura (1973-1978). É profesora titular de Universidade na Facultade de Filosofía da USC, na área de Filosofía.
 
Exerceu a carreira docente na USC dende 1979, impartindo clases inicialmente tanto en [[Filosofía]], como en [[Pedagoxía]], en [[Psicoloxía]], en [[Filoloxía]] e en [[Xeografía]] e [[Historia]]. Isto sirveu para apuntalar nela unha actitude transdisciplinar, tanto en docencia como en investigación, da que fixo gala durante toda a súa vida profesional como filósofa. Na Facultade de Filosofía tivo ao seu cargo, durante varias décadas, na Licenciatura e no Grao, as materias de “Antropoloxía filosófica”, “Filosofía da historia” e “Introdución á Fenomenoloxía”. No Curso de Doutoramento e, posteriormente no Máster de Filosofía, impartiu sucesivamente, durante varios anos, “Perspectivas fenomenolóxicas”, “Fenomenoloxía da intersubxectividade animal e fenomenoloxía ecolóxica” e “Perspectivas actuais de Filosofía da historia”, que compaxinou cun Curso de Especialización da USC sobre “A nova Filosofía para hoxe. A nova Filosofía na súa converxencia coas novas Ciencias humanas e bio-sociais no importante momento de cambio de paradigma entre séculos XIX-XX”.   Participou como ponente en numerosos Congresos nacionais e internacionais. Editou libros e publicou en libros colectivos. En Revistas publicou artigos, traducións comentadas e recensións. Dirixiu Teses de Doutoramento, Traballos Academicamente Dirixidos, Traballos de Fin de Mestrado e Traballos de Fin de Grao. A nivel de xestión, ocupou o cargo de secretaria da Facultade de Filosofía en tres mandatos ademais de participar sempre activamente na vida académica da Facultade.
 
2. ==PRINCIPAIS INFLUENCIAS ==
 
Mª Luz Pintos moveuse sempre, dentro da filosofía contemporánea; máis concretamente, no movemento fenomenolóxico no que foi introducida polo fenomenólogo [[Javier San Martín Sala]], profesor co que se doutorou cunha Tese titulada La historicidad de la conciencia en [[Maurice Merleau-Ponty|Merleau-Ponty]] (1989). Toda a súa traxectoria investigadora levouna a cabo dentro da [[Fenomenoloxía]], moi marcada pola crítica da cultura husserliana e pola recuperación da experiencia vivida, da corporalidade e da intersubxectividade, temas que tomou sempre como punto de partida para dende eles aplicar a perspectiva fenomenolóxica a distintos problemas da nosa actualidade, tales como o [[feminismo]], o [[racismo]] e a [[xenofobia]], a recuperación da empatía emocional no suxeito, a reivindicación dun pensamento e acción ecolóxicos e a fundamentación ontolóxica do animal non humano como suxeito como baseamento para un cambio de valoración e de actuación.   
 
Dende moi nova, percorreu un particular itinerario que a foi predispoñendo para acadar a súa identificación como fenomenóloga. O seu interese pola temporalidade levantouse moi pronto coa lectura na adolescencia de As confesións, de [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]], un interese que se confirmou, facendo os seus estudos universitarios de Filosofía, no encontro con [[Henri Bergson|Bergson]] e a prefenomenolóxica experiencia da durée no libro Ensaio sobre os datos inmediatos da conciencia. O coñecemento desta novidosa forma de entender a experiencia temporal levouna directamente a Ser e tempo de [[Martin Heidegger|Heidegger]], da man do que entrou de cheo no eido do movemento fenomenolóxico, e co que pudo profundizar, dende o punto de vista ontolóxico, na temporalidade e na historicidade. Obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura cunha Tesiña sobre A temporalidade na filosofía de [[Martin Heidegger]]. O paso seguinte de investigación académica foi a obtención do grao de doutora coa Tese de doutoramento, tamén de carácter fenomenolóxico, sobre A historicidade da conciencia en [[Maurice Merleau-Ponty|M. Merleau-Ponty]]. Este traballo non só lle proporcionou unha inmersión total na actitude e método fenomenolóxicos a través deste autor senón que foi unha excelente ocasión para acceder ao fundador da Fenomenoloxía, [[Edmund Husserl]]. O particular desta investigación doutoral e que lle fixo tomar contacto coas principais figuras e avances en ciencias humanas e bio-sociais e, deste xeito, viuse reafirmada a súa vocación de transdisciplinariedade así como a necesidade de apertura da Filosofía a todas as aportacións doutras ciencias que poden axudar na comprensión do ser humano e do seu mundo. Un inesperado encontro co libro de [[Ignacio Ellacuría]], Filosofía da realidade histórica, de fondo fenomenolóxico, fortaleceu o seu achegamento á corporalidade biolóxica e tinxiu definitivamente a súa reflexión filosófica sobre o ser humano. A amizade co fenomenólogo estadounidense [[Lester Embree]] axudoulle a confirmar a súa idea de que todo o conxunto de coñecementos de que dispoñemos grazas á nosa filosofía pasada débenos servir para comprometernos nunha análise dos grandes asuntos e problemas do presente actual. Non se pode deixar de mencionar a grande influencia en Mª Luz Pintos de [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]], de [[Marxismo|Marx]], de [[Sigmund Freud|Freud]] e dos primeiros integrantes da [[Escola de Frankfurt]] polo seu desenmascaramento de aspectos negativos da nosa cultura e porque converxen –polo menos parcialmente– coa crítica da cultura husserliana.   
 
3. ==LIÑAS DE INVESTIGACIÓN E ORIENTACIÓN DA DOCENCIA E DA SÚA OBRA ==
 
En síntese, as liñas de investigación de Mª Luz Pintos, traballadas con continuidade en distintas publicacións, son as seguintes:
Liña 21 ⟶ 22:
- Estudo de autores fenomenólogos: [[Edmund Husserl]], [[Martin Heidegger|Martin Heidegger,]] [[Maurice Merleau-Ponty]], [[Eugen Fink]] e [[Aron Gurwitsch]].
 
- Estudo de autores que, sendo alleos á Fenomenoloxía, teñen aspectos nos que se achegan moito á fenomenoloxía nalgún sentido: os biólogos Jacob J. von Uexküll e   Adolf Portmann, o psiquiatra Sigmund Freud e o neuropsiquiatra Kurt Goldstein (foi pioneira en publicar en España sobre este último autor).
 
- Temas relacionados co seu deber de compromiso como intelectual e como aplicación da Fenomenoloxía: crítica da cultura obxectivista, a globalización da cultura posmoderna, a xustiza entre humanos, a relación entre humanos e animais non humanos, feminismo, racismo e xenofobia, belicismo, refuxiados, aceleración do cambio climático e ecoloxismo.
Liña 33 ⟶ 34:
En xeral, para Pintos, filosofía ten que camiñar da man coa inter- ou trans-disciplinaridade e co compromiso co presente. En consonancia con esta fonda convicción que define por enteiro a súa traxectoria investigadora e docente, é ben coñecido polo seu alumnado o uso da prensa en todas as súas materias, de Grao ou de Méstrado, para facer inmersión na nosa actualidade e forzar a ollar cara os principais temas e problemas para telos sempre no punto de mira. Considera que a reflexión filosófica non pode estar des-situada senón que, todo o contrario, o estudo das aportacións de filosofía pasada ten a súa xustificación e pleno valor, non nun coñecemento, senón como instrumento de axuda para levalas ao noso hoxe e poder comprendernos mellor a nós como existentes humanos e ao mundo no que vivimos, para fornecer un criterio valorativo e enxuiciador e, finalmente, para dar unha resposta ética referida á nosa interacción con todos os seres do planeta, tanto humanos como non humanos. Noutras verbas, como filósofa e fenomenóloga o núcleo do seu pensar é que a Filosofía non se reduce a ser unha disciplina teórica; a teoría sobre todo é unha preparación que nos proporciona as ferramentas para poder analizar conceptualmente os grandes preocupacións e problemas do noso mundo na actualidade e para deste xeito fundamentar a necesidade dunha actuación comprometida con eles.
 
4. ==SELECCIÓN DAS SÚAS PUBLICACIÓNS==
 
Libros (coedición de libros e monográficos de revistas):
Liña 95 ⟶ 96:
─ “En contra de nuestro tiempo. Nietzsche y su inicial ruptura con la Modernidad”, en X.L. Barreiro Barreiro (ed.), Ilustración e Modernidade. Os avatares da Razón, Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da USC, 2001.
 
─ “Animal Life and Phenomenology”, en S. Crowell/L. Embree/S. J. Julian (eds.), The Reach of Reflection: Issues for Phenomenology´s Second Century, Vol. II,   Boca Raton-Florida: Center for Advanced Research in Phenomenology, 2001. (Co-autor: Javier San Martín).
 
─ “Sujeto corpóreo, trabazón intersubjetiva y experiencia emocional. Propuesta fenomenológica”, en P.F. Freire e outros (eds.), Emociones, Sevilla: Kronos, 2000.
Liña 109 ⟶ 110:
─ “Corpo de muller. Ruptura e nova identidade”, en M.X.A Agra (ed.), Corpo de muller. Discurso . Poder. Cultura, Santiago de Compostela: Laiovento, 1997.
 
─ “La idea de la   filosofía en Ortega y Gasset: ciencia radical”, en J. San Martín (ed.), Ortega y la Fenomenología, Madrid: UNED, 1992.
 
Artigos en Revistas académicas:
Liña 161 ⟶ 162:
─ “Motivos fundamentales de la fenomenología husserliana”, Agora. Papeles de Filosofía, vol. 12, 2 (1993).
 
─ “El acercamiento   de Merleau-Ponty a la Fenomenología”, Recerca 4 (1993).
 
─ “La realidad histoórica en I. Ellacuría. Fundamentación material para una Filosofía de la hisroria comprometida”, Pensamiento. Revista de investigación e información filosófica 262/263 (1992).
Liña 185 ⟶ 186:
─ “Aspectos de la constitución del yo en la fenomenología heideggeriana”, Agora. Papeles de Filosofía 2 (1982).
 
5. ==VÉXASE TAMÉN==
===LIGAZÓNS EXTERNAS===
 
LIGAZÓNS EXTERNAS
 
<nowiki>https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=273216</nowiki>
Liña 196:
 
<nowiki>https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/filosofia/descargas/CV/cv_pdi_facultade/CV-Pintos-Penaranda-M-Luz.pdf</nowiki>
{{control de autoridades}}