Macaca mulatta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «Michigan»
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 38:
| range_map_width=250px
}}
'''''Macaca mulatta''''', xeralmente chamado '''macaco rhesus''' (ou macaco -ou mono- Rhesus, resus ou reso), é unha especie de [[monos do Vello Mundo|mono do Vello Mundo]] que vive en parte de Asia. Na lista da [[Lista Vermella da IUCN|Lista Vermella de especies ameazadas]] da [[IUCN]] está considerado como en estado "pouco preocupante" en vista da súa ampla área de distribución, as súas grandes poboacións e a súa tolerancia a unha ampla variedade de hábitats. É nativo do [[Sur de Asia|sur]], [[Asia Central|centro]] e [[sueste asiático]], onde as mandas ou tropas de ''M. mulatta'' habitan hábitats moi diversos, desde praderías a áreas desérticas ou forestais, e tamén nas proximidades de asentamentos humanos.<ref name=iucn>{{IUCN |assessor=Timmins, R. J. |assessor2=Richardson, M. |assessor3=Chhangani, A. |assessor4=Yongcheng, L. |year=2008 |id=12554 |taxon=Macaca mulatta |version=2016.2 |accessdate=5 January 2016}}</ref> A especie é moi utilizada en ciencia como [[organismo modelo]]. No descubrimento do factor do [[grupo sanguíneo]] Rh humano utilizouse [[sangue]] deste macaco.
 
O seu nome común de macaco rhesus procede do que lle deu o naturalista francés [[Jean-Baptiste Audebert]], que o chamou ''Macaca rhesus'' (Audebert, 1798). "Rhesus" é unha relembranza do nome dun rei de Tracia que aparece na [[Ilíada]] de [[Homero]], chamado Rhesus ou [[Reso]], aínda que Audebert sinalou que "non ten significado".<ref>Jaeger, E. 1972. ''A source-book of biological names and terms.'' Springfield, Illinois: Charles C. Thomas.</ref> Agora o seu nome científico é ''Macaca mulatta'' (Zimmermann, 1780), que é máis antigo.