Ruta da seda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Historia: así no dicionario da Academia
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Orixe: concordancia
Liña 20:
Cóntase que o Emperador Wu da [[Dinastía Han]] decidiu en 138 a.C. fraguar alianzas cos reinos do oeste e do noroeste, archienemigos das tribos Xiang-Nu (os [[Hunos]] xa que sufría unha serie de invasións continuadas (cada vez máis frecuentes, máis violentas e menos contenibles), protagonizadas por unha serie de tribos nómades situadas ao noroeste das súas fronteiras. Tribos cuxa superioridade militar era unha consecuencia directa do hábil manexo dunha cabalería forte, esvelta e lixeira, máis apta para a guerra que a chinesa, cuxos cabalos eran absolutamente inadecuados para toda actividade que esixise rapidez de movementos. E por tal motivo, encomendou ao Xeneral Zhang Qian esta misión, outorgándolle cen dos seus mellores guerreiros e presentes de incalculable valor para selar esta alianza militar e política. Trece anos despois, habendo sido hostigado durante dez anos polos Hunos, o xeneral Zhang Qian regresa á Corte Imperial Han con só un membro da partida. Aínda que non lograra establecer nin unha soa das alianzas militares da súa misión, o xeneral Zhang informou á corte, da existencia de trinta e seis reinos, verdadeiras potencias comerciais, nas fronteiras oestes de [[China]]. Así, o xeneral Zhang contou dos magníficos cabalos das chairas do Val de Ferghana en [[Asia Central]] (hoxe [[Kirguizistán]], [[Uzbekistán]] e [[Taxikistán]]), moito máis fortes e veloces que os cabalos chineses, cos que a cabalería do [[Imperio Han]] podería enfrontar aos Hunos en mellores condicións.
 
Posteriormente, as misións diplomáticas e comerciais cos reinos do [[Val de Ferghana]] non lograron garantir a seguridade nin afianzar o comercio, polo que China preparou unha invasión a grande escala, aínda que foi na segunda arremetida no ano [[-102|102 a.C.]] que China logrou conquistar todas as terras entre as súas propias fronteiras e os Reinos do Val de Ferghana. Así os chineses non só conseguiron asegurarse a importación dos famosos cabalos das [[Estepa (bioma)|estepas]], senón que conseguiron establecer os seus propios produtos nos mercados destes reinos. Cincuenta anos máis tarde, cando Marcus Licinius Crasus cruzou o [[Éufrates]] para conquistar [[Partia]] no ano [[-53|53 a.C.]], asombrouse ao ver un brillante, suave e marabilloso novo tecido. Unhas décadas máis tarde, as máis adiñeiradas familias de [[Roma antiga|Roma]], estaban marabilladosmarabilladas de vestirse co máis prezado tecido : a seda.
 
== Historia ==